Skip to Content

Blogues

Material Escolar para o curso 2018/2019

Adxúntase a lista de material para o curso 2018/2019.

 

 

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR - CURSO 2018/19

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR - CURSO 2018/19

 

Publícase a Orde do 9 de maio de 2018 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2018/19. (Diario Oficial de Galicia do 21 de maio de 2018).

 

A Orde do 9 de maio de 2018 (DOG de 21 de maio) regula:

-O fondo solidario de libros de texto para 3º, 4º, 5º e 6º de E.P. e  1º, 2º, 3º e 4º de ESO.

-As axudas para adquirir libros de texto para 1º e 2º de EP e educación especial.

-As axudas para adquirir material escolar para alumnado de EP, ESO e EE.

 

Obrigas das persoas beneficiarias

As persoas beneficiarias terán as seguintes obrigas:

1. Devolver os libros de texto e o material reutilizable adquirido coas axudas para libros de texto ou recibido do fondo solidario no curso 2017/18. Está excluído desta obriga o alumnado de 1º e 2º de EP e o alumnado de EE ou cunha discapacidade igual ou superior ao 65 % e o alumnado con necesidades específicas de apoio educativo a que se refire a disposición adicional segunda,  sempre que os libros ou o material adquirido non se poidan reutilizar. A falta de devolución será causa de exclusión da participación na convocatoria do curso 2018/19.

2. Conservar en bo estado os libros de texto e o material reutilizable recibido ou adquirido coas axudas  do curso escolar 2018/19 e devolvelos ao rematar este.

3. Destinar o importe do vale para libros a adquirir os libros de texto que indique o centro no que estea matriculado o alumnado.

4. Destinar o importe do vale para material a adquirir o material escolar que necesite.

5. Respectar as obrigas establecidas no artigo 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

 

Presentación de solicitudes e prazo

A solicitude será única para todos os fillos e, de ser o caso, tutelados, que estean admitidos no mesmo centro docente para o curso 2018/19. Cando o alumnado, no momento de presentar a solicitude, aínda non estea admitido en ningún centro docente para o curso 2018/19, deberá presentala no centro en que estivese matriculado no curso 2017/18. Deberase achegar coa solicitude Copia do libro de familia onde figuren todos os membros computables e a documentación complementaria recollida no Artigo 12 da mencionada Orde.

  • O prazo comenza o 22 de maio e rematará o 22 de xuño de 2018. 

 

Transparencia e bo goberno

De conformidade co artigo 17 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, e co artigo 15.2.c) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, a listaxe provisional e definitiva de persoas beneficiarias de libros de texto do fondo solidario publicarase no taboleiro de anuncios e/ou páxina web do centro docente, polo que a presentación da solicitude leva implícita a autorización para o tratamento necesario dos datos das persoas beneficiarias e a referida publicidade.

 

Adquisición dos libros de texto e do material escolar

As persoas beneficiarias, unha vez que estean en posesión do vale, poderán adquirir o material e os libros de texto que son obxecto de axudas no establecemento da súa elección.

PROBAS DE AVALIACIÓN INDIVIDUALIZADA DE 3º DE EDUCACIÓN PRIMARIA

PROBAS DE AVALIACIÓN INDIVIDUALIZADA DE 3º DE PRIMARIA

 

RESOLUCIÓN do 10 de abril de 2018,  da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento da avaliación individualizada de terceiro curso de educación primaria nos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso escolar 2017-18. (DOG do 26 de abril)

 

CAL É A SÚA FINALIDADE?

Comprobar o grao de dominio das destrezas, capacidades e habilidades do alumnado en en relación coa adquisición da competencia en comunicación lingüística e da competencia matemática.

Ten carácter informativo e orientador.

 

A QUEN SE APLICARÁN?

Esta avaliación terá carácter censual e aplicarase a todo o alumnado de terceiro curso. 

 

QUE COMPETENCIAS SE AVALÍAN?

- competencia en comunicación lingüística,

- competencia matemática.

 

EN QUE CONSISTEN AS PROBAS?

Estarán constituídas por:

-Cadernos de alumnado para cada unha das competencias

-Cuestionarios de contexto para o alumnado e as súas familias

 

Os cuestionarios de contexto realizaranse preferentemente en formato dixital, sen prexuízo de que as familias o poidan realizar en formato papel.

 

CANDO SE FARÁN?

Os días 23 e 24 de maio de 2018.

 

INFORME DE RESULTADOS.

Recibiranse no centro un informe individual de resultados de cada alumno/a, de carácter informativo e orientador, que se entregará ás familias.

60 ANIVERSARIO DE LUIS PIMENTEL

Con motivo do 60 aniversario do pasamento do poeta lugués que dá nome ao noso colexio, a comunidade escolar  celebrou a SEMANA DE LUIS PIMENTEL con diversas actividades como recitado de poemas na biblioteca escolar, traballos de aula, concurso de debuxo, unha exposición e un acto conmemorativo coa participación de persoeiros das letras e da cultura lucensetan importantes como os escritores  Carmen Blanco, Claudio Rodríguez Fer e Paco Martín e a cantante Pilocha, xunto con alumnado do centro que abríu o acto coa lectura de poemas de Pimentel.  

Realizouse no patio do Vello Cárcere o pasado xoves 22 de marzo e para a súa organización contouse coa colaboración da ANPA Triscos e da Concellería de Cultura do Concello de Lugo.  

Agradecemos dende aquí a participación de todos os colaboradores  e asistentes, da ANPA e da concelleira de Cultura, Carmen Basadre.  Enviamos un saúdo especial a quen foi profesor do centro e promotor de que o colexio leve o nome do médico e poeta LUIS PIMENTEL.

 

ADMISION ALUMNADO 2018/19: PRAZO DE ENTREGA DE DOCUMENTACION

ADMISIÓN DE ALUMNADO

 

Infórmase ás/aos solicitantes de prazas  escolares neste centro para o curso 2018/19, que os cursos nos que existen máis solicitudes ca prazas vacantes son:

 

·      

5º Educación Infantil (4 anos): 2 solicitudes para 0 vacantes.

·      

1º de Educación Primaria: 1 solicitude para 0 vacantes.

·      

3º de Educación Primaria: 1 solicitude para 0 vacantes.

·      

5º de Educación Primaria: 2 solicitudes para 0 vacantes.

·      

6º de Educación Primaria: 1 solicitude para 0 vacantes.

 

Sendo preciso baremar as solicitudes, mesmo no caso de que non haxa vacantes, ábrese un prazo para aportar no centro a documentación que acredite a puntuación, conforme se recolle na Sección 2ª. Criterios xerais de baremo, artigos 19 e seguintes, da ORDE do 12 de marzo de 2013.

 

PRAZO: do 23 de marzo ao 9 de abril de 2018 ás 14:00 h.

 

O artigo 17.2 da ORDE do 12 de marzo de 2013 establece que “A presentación desta documentación ten carácter voluntario. A falta de presentación desta documentación impedirá valorar o criterio ou criterios para efectos de determinar a puntuación correspondente. “  Igual consideración terá a documentación presentada fóra de prazo (artigo 17.4)

 

 

No resto dos casos, todas as solicitudes están ADMITIDAS.

 

Publicarase a relación provisional de admitidas/os antes do 25 de abril. Non se publicarán as puntuacións, podendo as persoas interesadas consultar en secretaría a propia puntuación.

 

                                                                                                                                                    

ALERTA NIVEL LARANXA 14 DE MARZO

Con motivo da ALERTA LARANXA prevista para o día 14 de marzo SUSPÉNDENSE todas as actividades no exterior, afectando esta suspensión tanto ás actividades lectivas como as correspondentes ao comedor e ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES de tarde.

http://www.edu.xunta.gal/portal/node/24471

 

http://www.aemet.es/es/eltiempo/prediccion/avisos?w=mna

Distribuir contido


by Dr. Radut