Skip to Content

Novas

BENVIDA AO CURSO 2023/2024

INICIO DAS CLASES.

O luns día 11, ás 9:00h iniciamos o novo curso. O alumnado fará a fila no mesmo sitio co curso pasado, onde será recibido pola titora do curso anterior. O alumnado de tres anos do curso pasado dirixirase á casita.

O luns 11 xa hai servizo de almorzo e xantar para quen o precise.

O listado do material será comunicado polo profesorado nas aulas e publicado na web a partir do luns.

 

INFORMACIÓN PARA AS NAIS E PAIS DO ALUMNADO NOVO DE TRES ANOS.

O xoves 7 de setenbro ás 16:00h terá lugar a reunión inicial coas titoras dos tres grupos. Esperámosvos na casita de tres anos!!!

MATERIAL PARA INFANTIL E LIBROS DE TEXTO DE PRIMARIA PARA O CURSO 2023-2024

No arquivo adxunto, atópase o listado de material para infantil e libros de texto para educacion primaria.

AXUDAS DO CONCELLO DE LUGO PARA O 2º CICLO DE EDUCACIÓN INFANTIL

Ven de publicarse no BOP as bases para a solicitude de axuda para material escolar de nenos/as do segundo ciclo de Educación Infantil para familias con escasos recursos.

XXVIII SEMANA CULTURAL DAS LETRAS GALEGAS

Esta semana celebramos a XXVIII Semana Cultural no noso centro. No adxunto tedes o programa das actividades que se realizarán no colexio pola mañá e pola tarde.

ADMISIÓN 2023/2024

Datas e documentación para formalizar a matrícula. (No adxunto)

 

Todas as solicitudes para 4º de Educación Infantil (3 anos) foron admitidas.

Resto dos cursos: Poden consultar as listaxes definitivas de admitidos e non admitidos, hoxe a partir das 14:00h no taboleiro do Centro, ou por vía telemática na aplicación admisionalumnado, sendo necesaria a acreditación coa chave 365 ou certificado dixital.

CAMIÑO ÁS AULAS

O luns 17 de abril, dará comezo o programa Camiño ás Aulas, organizado polo Concello de Lugo. Tedes toda a información no  arquivo adxunto.

Distribuir contido


by Dr. Radut