Este xoves 22 de Marzo de 2018 festexouse o día da Árbore, da Auga e da Poesía, e no centro quixemos facer unha xornada especial.
A árbore que plantamos este ano foi un Salgueiro, premede na imaxe se queredes saber algo máis sobre esta árbore.
O alumnado estivo pola mañan investigando sobre esta especie de árbore e fixeron lecturas en grupo dunhas historias e lendas fantásticas sobre a mesma, nas que unha das protagonistas era o Salgueiro e na que se traballaba o ciclo da auga de forma transversal.
Logo empregamos o cine para tratar temas como o coidado do medioambiente e a importancia da preservación da natureza, visionando as películas de "El bosque encantado" e "Lorax".
Para rematar a xornada, procedemos a prantar a nosa árbore. O alumnado escolleu o lugar onde prantaríamos o salgueiro, atendendo as necesidades que teñen as plantas para medrar e vivir. Logo comezaron a cavar e a preparar a terra e finalmente e con moito coidado plantaron a árbore no lugar escollido.
Para rematar puxémoslle o nome a este salgueiro, e o nome escollido este ano foi...Verdoso. Un nome moi adecuado para un salgueiro, a que sí?
Aquí tendes fotos da gran xornada de onte e non olvidemos esta gran frase:
"Se soupera que o mundo remata mañán, eu, aínda oxe, plantaría unha árbore"
Martin Luther King