Iniciar sesión: Acceso

Taboleiro de anuncios

Biblioteca

1ºA Primaria

As emocións "confinadas" - O monstro de cores

Os nenos e nenas de 1ºA, na clase de Valores, despois de pasar un ano desde que tivemos que encerrarnos na casiña para protexernos do coronavirus, recordamos as emocións que sentimos por diferentes motivos durante ese tempo.

Para identificar e presentar cada unha delas, limos o conto de

O monstro de cores, mediante o cal puidemos pensar e identificar diferentes momentos do confinamento que nos produciron alegría, tristeza, medo, rabia, calma e amor.

 

Todos somos diferentes... ¡¡NO PASA NADA!!

Outro dos contos cos que traballamos en 1ºA foi o de

¡NO PASA NADA!

A raíz del, e os seus protagonistas, Panda e Zebra, reflexionamos sobre o bonito que é que cada un sexa diferente e pensar naquelas cousiñas que nos fan especiais a cada un/unha de nós...

VIVAN AS UÑAS DE CORES!!!

Para traballar as emocións e reflexionar sobre certos valores, na clase de 1ºA lemos moitos contos ao longo do curso... Sobre algúns deles fixemos maior fincapé, traballándoos mediante algunhas actividades.

Un deles foi o de VIVAN AS UÑAS DE CORES

Fala da historia dun neno, do cal se rían por levar as uñas pintadas... sabedes o peor? Que é unha historia real!!!


Aquí vos deixo un vídeo co conto por se o queredes ver...

 

Despois, para a nosa sorpresa, había na clase unha caixiña chea de pintauñas... que nerviosos e nerviosas nos puxemos!!

Por suposto, cada un de nós decidimos se nos queriamos pintar as uñas ou non, co fin de mostrar o noso apoio cara ao protagonista da historia. Niso consiste, en que cada un/unha poida decidir o que quere sen que ninguén lle faga sentir mal!!

 

AS ÁRBORES DOS DESEXOS

En 1ºA e en 1ºB tamén fixemos as Árbores dos Desexos.

Para iso, pechamos os ollos e pensamos que é aquilo que desexamos con todas as nosas forzas. A algún de nós ao comezo só se nos ocorrían cousas materiais, como son os xoguetes, pero despois entendemos que non se trataba diso...

A verdade é que saíron desexos moi interesantes relacionados coas familias, amizades, mascotas... e, entre eles, por suposto, tamén estaba que se acabe o coronavirus!!!

 

LETRAS GALEGAS - CLASE DAS BOLBORETAS

Para o 17 de maioDía das Letras Galegas, os nenos e nenas de 1ºA escollemos 6 palabras en galego que nos parecen bonitas, ao mesmo tempo que definen o noso grupo.

Por suposto, a palabra BOLBORETA non puido faltar, pero tamén engadimos outras ben xeitosiñas: AGARIMOALOUMIÑOBULEBULELAMBETADA LEDICIA.

 

OS NOSOS CORAZÓNS ESTÁN CHEOS DE AMOR

Outras actividades moi relacionadas con esa dinámica inicial do folio engurrado son as que levamos a cabo aproveitando o Día do Amor e da Amizade (14 de febreiro).

Este día, valoramos que cousas boas e, sobre todo, que persoas ocupaban un espazo no noso corazón: aquelas que nos axudan, coas que nos divertimos, as que nos dan cariño...

 

 Ademais, tamén nos pareceu boa idea darnos aínda máis amor que de costume e dicirnos cousas bonitas uns aos outros, o que nos gusta dos demais, por que son especiais para nós... Para iso, fixemos o amigo invisible, no que cada un de nós debería escribir nunha mandala con forma de corazón unha dedicatoria con moito amor ao compi que lle tocara.

ENCANTOUNOS SENTIRNOS QUERIDOS E SABER QUE COUSAS BOAS VEN OS DEMAIS EN NÓS!!

AS NOSAS PERSOAS FAVORITAS

A partir da dinámica do folio engurrado, démonos conta de que nos momentos en que non estamos tan ben necesitamos ás persoas que son máis importantes para nós, que nos axuden e que nos fagan compañía.

Por ese motivo, cada un de nós elaborou un carteliño, libro ou o que quixo, para mostrarlle aos demais compañeiros/as quen formaba parte dese grupo privilixiado de "As nosas persoas favoritas".

Fixémolo con moito mimo e ilusión para despois expoñerllo aos nosos compis...

Se queredes ver as nosas creacións, pulsade nos corazóns que aparecen na seguinte imaxe :)

 

 Deixámosvos tamén unha canción que nos acompañou nesta actividade, agardamos que vos guste tanto coma nós!!!
 

O FOLIO ENGURRADO

Os nenos e nenas de 1ºA tamén estivemos traballando as emocións ao longo de todo o curso con diferentes vídeos, contos e actividades pero foi nestes dous últimos trimestres cando fixemos máis fincapé na educación emocional.

Para dar comezo a este proxecto de Eduemociona, levamos a cabo a dinámica O folio engurrado...

Con ela, démonos conta de que todo o que acontece ao longo da nosa vida, bo e malo, deixa unha pegada moi importante en nós, que incluso pode influír na nosa actitude e forma de ser. A verdade é que non deixou indiferente a ningún dos e das participantes!!!

Aquí vos deixamos a nosa experiencia...