Iniciar sesión: Acceso

Taboleiro de anuncios

Biblioteca

Conto

As emocións "confinadas" - O monstro de cores

Os nenos e nenas de 1ºA, na clase de Valores, despois de pasar un ano desde que tivemos que encerrarnos na casiña para protexernos do coronavirus, recordamos as emocións que sentimos por diferentes motivos durante ese tempo.

Para identificar e presentar cada unha delas, limos o conto de

O monstro de cores, mediante o cal puidemos pensar e identificar diferentes momentos do confinamento que nos produciron alegría, tristeza, medo, rabia, calma e amor.

 

Todos somos diferentes... ¡¡NO PASA NADA!!

Outro dos contos cos que traballamos en 1ºA foi o de

¡NO PASA NADA!

A raíz del, e os seus protagonistas, Panda e Zebra, reflexionamos sobre o bonito que é que cada un sexa diferente e pensar naquelas cousiñas que nos fan especiais a cada un/unha de nós...

VIVAN AS UÑAS DE CORES!!!

Para traballar as emocións e reflexionar sobre certos valores, na clase de 1ºA lemos moitos contos ao longo do curso... Sobre algúns deles fixemos maior fincapé, traballándoos mediante algunhas actividades.

Un deles foi o de VIVAN AS UÑAS DE CORES

Fala da historia dun neno, do cal se rían por levar as uñas pintadas... sabedes o peor? Que é unha historia real!!!


Aquí vos deixo un vídeo co conto por se o queredes ver...

 

Despois, para a nosa sorpresa, había na clase unha caixiña chea de pintauñas... que nerviosos e nerviosas nos puxemos!!

Por suposto, cada un de nós decidimos se nos queriamos pintar as uñas ou non, co fin de mostrar o noso apoio cara ao protagonista da historia. Niso consiste, en que cada un/unha poida decidir o que quere sen que ninguén lle faga sentir mal!!

 

Maiasaura!!

  Na  clase de 5º A de Infantil estivemos pescudando como nacen os dinosauros e que as nais MAIASAURAS( BOA NAI LAGARTO) coidan e protexen os seus ovos. Gozamos moito con este conto musical. Agardamos que vos guste tanto coma nós!