CANTA AS TÚAS EMOCIÓNS

OBXECTIVO: Identificar e asociar determinados estados de ánimo en inglés coas súas correspondentes accións.

MATERIAIS: Vídeo: “If you're happy.”

TEMPORALIZACIÓN: 50 minutos.

DESCRICIÓN: Exploramos diferentes emocións e aprendemos o seu nome en inglés. Despois vemos o vídeo e practicamos os movementos relacionados con cada unha delas. Con isto melloramos a coordinación motriz dos nenos á vez que expresan as emocións.