Iniciar sesión: Acceso

Taboleiro de anuncios

Biblioteca

Blogues

Samaín 2021 en 6ºA

ENGLISH ACTIVITIES 2020/-21

Hello kids!!

Ya sé que estareis disfrutando de unas merecidas vacaciones después de un curso tan duro y en el que todos trabajamos tanto. Es hora de que veais el fruto de una parte de vuestro trabajo a través de estos dos videos. El primero de ellos es una recopilación de todas las actividades que se han hecho en el área de inglés durante este curso, el segundo contiene los proyectos que, a título voluntario, han hecho los alumnos de 5º de Primaria sobre sus abuelos y bisabuelos.

Aprovecho para despedirme y deciros que os voy a echar de menos un montón y que me siento orgullosísima de vosotros y de haber trabajado juntos todos estos años.

BYE BYE!! SEE YOU FOREVER AND EVER!!! LOTS AND LOTS OF kISSES!!

 

ENGLISH 2021

 

 

MY GREATGRANDPARENTS

As emocións "confinadas" - O monstro de cores

Os nenos e nenas de 1ºA, na clase de Valores, despois de pasar un ano desde que tivemos que encerrarnos na casiña para protexernos do coronavirus, recordamos as emocións que sentimos por diferentes motivos durante ese tempo.

Para identificar e presentar cada unha delas, limos o conto de

O monstro de cores, mediante o cal puidemos pensar e identificar diferentes momentos do confinamento que nos produciron alegría, tristeza, medo, rabia, calma e amor.

 

Todos somos diferentes... ¡¡NO PASA NADA!!

Outro dos contos cos que traballamos en 1ºA foi o de

¡NO PASA NADA!

A raíz del, e os seus protagonistas, Panda e Zebra, reflexionamos sobre o bonito que é que cada un sexa diferente e pensar naquelas cousiñas que nos fan especiais a cada un/unha de nós...

VIVAN AS UÑAS DE CORES!!!

Para traballar as emocións e reflexionar sobre certos valores, na clase de 1ºA lemos moitos contos ao longo do curso... Sobre algúns deles fixemos maior fincapé, traballándoos mediante algunhas actividades.

Un deles foi o de VIVAN AS UÑAS DE CORES

Fala da historia dun neno, do cal se rían por levar as uñas pintadas... sabedes o peor? Que é unha historia real!!!


Aquí vos deixo un vídeo co conto por se o queredes ver...

 

Despois, para a nosa sorpresa, había na clase unha caixiña chea de pintauñas... que nerviosos e nerviosas nos puxemos!!

Por suposto, cada un de nós decidimos se nos queriamos pintar as uñas ou non, co fin de mostrar o noso apoio cara ao protagonista da historia. Niso consiste, en que cada un/unha poida decidir o que quere sen que ninguén lle faga sentir mal!!

 

Emocionómetro de 6ºB EI

 

 

Aquí colocamos as nosas fotos na emoción que sentimos ao chegar ao cole e cando pasa algo extraordinario e queremos reflexionar sobre como nos sentimos e como se senten os compañeiros.

Como nos sentimos ?

Na clase de 6ºB de Infantil expresamos cando nos sentimos alegres, tristes,...

PERIÓDICO

En 4º A de Primaria, nas clases de Lengua e Lingua, elaboramos o noso propio periódico durante a Semana da Prensa. Cada neno/a escolleu unha sección e elaborouna. Se queredes ver o resultado, ollade este vídeo!

 

 

 

DÍA DA PAZ

Para celebrar o Día da Paz, os nenos e nenas de 6ºA e 6ºB de Infantil fixérono por todo o alto ao son dunha canción.

Comprobádeo vós mesm@s nos seguintes vídeos!!

 

Se queredes escoitala e cantala de novo na casa, aquí vos deixo o vídeo.

 

Ademais, tamén resolveron uns quebracabezas...

Aquí podedes ver algúns, quedaron chulísimos!!