Ao longo destas semanas estamos a realizar un taller de teatro cunha das liñas de sexto.
Dende a dinamización da convivencia vemos esta iniciativa como unha forma para traballar e previr posibles problemáticas que poidan xurdir. Consideramos que o teatro é unha ferramenta útil onde poder adquirir e fomentar habilidades sociais saudables.
Animámosvos a que votedes unha ollada á súa páxina web e apreciedes as múltiples formas de traballar na construción persoal e social.
http://www.maisqueteatro.es/
Anexamos os contidos máis especificos que se están a traballar no taller de sexto por se poden ser do voso interese.
Equipo de dinamización da convivencia escolar.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
Contidos Laverde.pdf | 33.63 KB |