Iniciar sesión: Acceso

Taboleiro de anuncios

Biblioteca

Secretaría

Admisión e matrícula curso 2017-2018

PROCEDEMENTO DE ADMISIÓN E MATRICULACIÓN DO ALUMNADO CURSO 2017 - 2018

 
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria publicou con data de 1 de febreiro a Orde que regula o procedemento de admisión e matriculación do alumnado  de Educación Infantil, Educación Primaria, ESO e Bacharelato para o curso 2017- 2018
 
 



Os alumnos/as que queiran  reservar praza para continuar os seus estudos nun centro adscrito (no noso caso IES "Río Miño"poderán facelo entre o 1 e o 15 de febreiro.
Cubrirán o modelo de solicitude para reserva de praza e entregarano no centro de orixe (CEIP "Laverde Ruíz"). 
 
Se tedes pensado continuar estudos noutro centro distinto ao adscrito teredes que esperar ao prazo de novas admisións.
 
O prazo de admisión e matriculación nun novo centro comezará o 1 de marzo e estenderase ata o día 20 do mesmo mes.
 
Entre as novidades que se introducen na lexislación que desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos para o curso 2017-2018, podemos destacar:

  • A admisión nun centro educativo para o curso 2017-2018, poderá solicitarse a través de Internet, mediante a aplicación "admisionalumnado".
  • As familias poderán cubrir a solicitude na aplicación, marcar os criterios do baremo polo que queiran que se lles valore, chegado o caso, e presentala de forma presencial no centro, ou ben por vía electrónica a través da propia aplicación.
  • O formulario normalizado estará  dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, na aplicación admisionalumnado e tamén será facilitado nos correspondentes centros docentes.
  • A aplicación permite ás familias consultar o estado de tramitación das súas solicitudes en todo momento a través dun código que se xenera ao completar a solicitude que hai que introducir xunto ao DNI.
  • Adáptase o procedemento de admisión e matriculación á normativa actual de servicios de administración electrónica.
  • As familias tamén terán a posibilidade de non aportar documentación algunha á hora de tramitar a admisión no que a documentos elaborados polas Administracións públicas se refire. Autorizando o acceso a Educación, esta se encargará de consultar requisitos ou criterios de baremos como a declaración da renta, o enderezo fiscal, a discapacidade recoñecida pola Xunta ou a condición de familia numerosa. Esta información so se consultará naqueles casos nos que o número de solicitudes de admisión sexa superior ao de prazas ofertadas. 
  • Cando a familia se opoña a que a Administración consulte os datos, deberán acreditar documentalmente e de forma presencial o requisito ou criterio de baremo.



ORDE do 25 de xaneiro de 2017 pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
 
Anexo I: Reserva de praza
 
Anexo II: Documento de solicitude
 
Enlace a aplicación admisionalumnado

Abalar móbil

Recordamos aos pais e nais dos alumnos a necesidade de rexistrarse na aplicación abalarMóbil para poder recibir notificacións do centro, ver as notas dos seus fillos, xustificar faltas, ... etc

Resultados das votacións para a implantación da xornada única.

 

 

 

ACTA DA VOTACIÓN PARA A IMPLANTACIÓN DA XORNADA ÚNICA NO CEIP. LAVERDE. RUIZ

 

ASISTENTES: 

MARÍA LUISA RODRÍGUEZ CASANOVA

ROCÍO GARCÍA SEIJO (Secretaria)

ANA DOVAL REIJA (Presidenta)

 

En Outeiro sendo ás 20:3O h. do día 26 de febreiro de 2016, faise o reconto de votos.

             

OS RESULTADOS FORON OS SEGUINTES:

 

Censo de familias: 178

Votos emitidos: 131

Votos a favor: 81

Votos en contra: 49

Votos en branco: 1

 

Non se implanta a sesión de xornada única dado que era necesario o 58% do censo total favorable.

 

PRESIDENTA                                        SECRETARIA

 

 

 

   

INFORMACIÓN PARA SOLICITAR AS AXUDAS DE LIBROS TEXTO

Adxúntase información para a solicitude de axudas de libros de texto para o curso 2015-2016.

RESERVA E SOLICITUDE DE COMEDOR PARA O CURSO 2015-2016

Adxúntase a información e documentación necesaria para facer a reserva e solicitude de comedor para o curso 2015-2016