Iniciar sesión: Acceso

Taboleiro de anuncios

Biblioteca

EDLG

Un ano máis celebramos o Samaín no CEIP Laverde Ruíz!

Esta festa con raíces celtas propias da nosa terra galega, chega este ano impregnando ás aulas  cos versos do poeta Manuel María.

Os nenos e nenas recitan para o desfrute de toda a comunidade educativa tres dos seus poemas relacionados con elementos tan característicos desta festividade, como son: “A Lúa”, “O Lobo” e “O corvo”.

Todo o alumnado traballou estes poemas e esforzouse moito para homenaxear a este poeta nado en Outeiro de Rei.

A continuación podedes desfrutar dos versos de Manuel María en boca dos nenos e nenas de primaria.

(Para ver en grande pinchar no vínculo que aparece na parte superior dereita dos vídeos, onde pon ventá externa)

1º e 2º de E.P. recitan "A Lúa" 

3º e 4º de E.P. recitan "O Lobo"

5º e 6º de E.P. recitan "O Corvo"

  

 Os nenos de Educación Infantil recitan varios fragmentos seleccionados de "A Lúa" e "O Lobo" de Manuel María.

Un curso académico homenaxeando a Manuel María!

Como sabedes, cada ano adícase o día das Letras Galegas a unha persoa destacada pola súa creación literaria en lingua galega. No ano 2016 o homenaxeado será o poeta Manuel María, nado en Outeiro de Rei.

 

Por esta razón, durante este curso académico realizamos un achegamento a este poeta. Con gran agarimo agardamos que os nosos alumnos  valoren á figura de Manuel María e as súas letras adicándolle numerosas actividades ó longo deste curso. A través desta páxina web poderedes seguir as actividades que realicemos  e que agardamos que disfrutedes tanto como nós o facemos.

 

REVISTA MUXICAS 2015

Aquí tedes a revista escolar deste curso.

 

 

LIBRO VIAXEIRO

Este ano, con motivo do Día do Libro, elaboramos un conto, que viaxou de clase en clase, ata formarse esta estupenda historia. A súa presentación fíxose nesta semana, con motivo do Día das Letras Galegas.

 

 

Revista Muxicas 2014

O Equipo de Normalización Lingüística presenta por 1º vez a Revista Muxicas en formato dixital, esperemos que vos guste.

 

 

 

Bandeira

Benvid@s ao Equipo de Normalización Lingüística do CEIP Laverde Ruíz.

DÍA DA PAZ

 

Un día de paz en galego para o mundo enteiro.