Iniciar sesión: Acceso

Taboleiro de anuncios

Biblioteca

Secretaría

Solicitude de usuario de comedor 2020-21

Aberto o prazo para solicitar praza para o comedor escolar do curso 2020-21

Podedes descargar os impresos nos anexos adxuntos

Admisión novo alumnado 2020-2021

Publicada a listaxe provisional de alumnado admitido para o curso 2020-2021. Pode ser consultada no centro educativo.

 

TODO O ALUMNADO QUE PRESENTOU SOLICITUDE NESTE CENTRO ESTÁ ADMITIDO.

 

A listaxe definitiva de admitidos publicarase o 26 de xuño.

 

A MATRÍCULA SERÁ DO 1 AO 10 DE XULLO

Fondo solidario de libros de texto

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO

AXUDAS PARA A ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR CURSO 2020-2021

Normativa: Orde do 12 de maio de 2020

Destinatarios

Fondo solidario de libros de texto para o alumnado matriculado en 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria.

Axudas para adquirir libros de texto para o alumnado matriculado en 1º e 2º de Primaria.

Axudas para adquirir material escolar para todo o alumnado matriculado en primaria.

PRAZO: do 20 de maio a 19 de xuño.

FORMA DE PRESENTACIÓN

Poderán realizar a solicitude accedendo a aplicación Fondolibros cubrindo os datos e gardándoa, obtendo así un número de solicitude. Posteriormente poderán presentala no centro ou presentala na Sede Electrónica da Xunta de Galicia. A solicitude tamén se lles facilitará no centro pero deberán cubrila na casa. 

DOCUMENTACIÓN:

  • Solicitude cuberta e asinada.
  • Fotocopia do libro de familia.
  • Outra documentación para acreditar grao de discapacidade, sentenza xudicial onde conste a custodia do menor,...etc  

Adaptación das programacións curso 2019-20

 

Co gallo do confinamento e da suspensión da actividade nos centros educativos, a Consellería de Educación acordou que as actividades a realizar durante este último trimestre sexan de reforzo, repaso e recuperación, non podendo influír negativamente na avaliación final do curso, aínda que si poden servir para recuperar materia non superada durante a primeira e segunda avaliación.

A tal efecto o profesorado do centro elaborou unha adaptación da programación para este terceiro trimestre

 

Os documentos pódense consultar nos anexos desta entrada.

Concurso de narración e debuxo infantil

O Concello de Outeiro de Rei organiza un concurso de Narración e Debuxo Infantil.

Aquí tedes as bases do concurso

Ficha de datos persoais

 

 

Admisión de novo alumnado curso 2020-2021

Segundo as instrucións da Consellería de Educación, ábrese de novo o prazo de admisión de novo alumnado.

Comezará o luns día 11 de maio e rematará o 18 de maio.

O horario de información ou recollida de solicitudes será de 10 a 14h na conserxería do centro e haberá que gardar as pertinentes medidas de seguridade como:

  • Só poderá achegarse á ventá de conserxería unha persoa de cada vez e terá que levar postas luvas e mascarilla.
  • As demais persoas agardarán o seu turno respetando unha distancia de 2m entre cada unha delas.

 

 

Admisión de novo alumnado

Amplíase o prazo de recollida das solicitudes de admisión de novo alumnado ata unha semana despois do reinicio das clases.

 

 

Información coronavirus

Información coronavirus para os centros educativos, familias e alumnado.

Pincha no enlace para ver o vídeo informativo e as recomendacións da Consellería de Sanidade.

 

 

Listaxe de admitidos IES Río Miño

Publicada a listaxe definitiva de alumnado de 6º de Primaria que solicitou praza no Ies Río Miño de Rábade para 1º ESO.

Para ver a listaxe emprega o enlace LISTAXE

 

 

 

Admisión alumnado 2020-2021

Solicitude de admisión de alumnado curso 2020-2021:

 

PRAZO:DO 1 AO 20 DE MARZO

 

SOLICITUDE:modelo ED550B

Pódese recoller no centro ou cubrir na aplicación no seguinte enderezo https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/

 

DOCUMENTACIÓN:

-Fotocopia do libro de familia ou DNI do alumno/a

-Certificado de padrón municipal onde consten todos os membros da unidade familiar.