Comezamos os preparativos para o noso "I Maratón Solidario 2018"

Grazas a iniciativa de KM solidarios de UNICEF  -  SOGAPS (Solidariedade Galega co Pobo Saharaui) o vindeiro 30 de Xaneiro, Día da Paz, celebraremos un Maratón Solidario, se o tempo o permite. 

O alumnado durante esta semana realizará actividades de sensibilización nas aulas sobre o programa de UNICEF e buscará "Patrocinadores" para que apoien a súa carreira nesta Maratón (ver circular enviada 19/01). Así mesmo as familias están convidadas a participar na carreira previo paso da adquisición do dorsal no ANPA e posterior convivencia no centro.

Teremos obsequios con precios solidarios a cargo de UNICEF-SOGAPS 

Todo o recadado será destinado a causas humanitarias!!!

Especiais agradecementos a Marta Andrade (UNICEF), Patty (SOGAPS), Nacho+César+Manolo (Ponteseca Trail Team), Digna (Deputación Pontevedra)...e membros de ANPA por impulsar está iniciativa que vai cobrando forma.

+ Info (Provisional): http://maraton.ceipdelaredo.com 

P.D.:Está maratón non sustitúe a tradicional Maratón de Chapela - Día das Letras Galegas, que este ano celebrarase no IES de Chapela