Festa do MAGOSTO 10/11

Estimadas familias:

Este venres 10 de novembro celebraremos a festa do Magosto.
Debido ás previsións meteorolóxicas faremos a festa no colexio co típico asado de castañas e xogos populares.
Como cada ano, pedimos a vosa colaboración para traer as castañas.
Deste xeito, o XOVES 9 e VENRES 10 cada alumno/a deberá traer unha PRESADA DE CASTAÑAS XA PICADAS para asar.

Grazas pola vosa colaboración.