Proxecto "Micromascotas"...anímaste?

 Facendo visible o universo do invisible

Dentro das dinámicas do centro incluídas no noso programa anual “LAIKA”, que pretende traballar o ámbito científico e o universo, presentámosvos o noso proxecto: MICROMASCOTAS en colaboración coa Fundación Ibercivis e os Laboratorios César Etopia.

Un proxecto que pretende facer visible o universo dos microorganismos; facer visible o “invisible” que convive a diario con nós: bacterias, fungos, lavaduras, ácaros… así como a relación que teñen co ser humano no noso en-torno. Vos propoñemos recoller mostras das casas, como investigadores, para a analizar con posterioridade os micro-organismos alí existentes (ácaros, bacterias, fungos…), a análise realizarase por parte do noso laboratorio aso-ciado. Posteriormente, cos datos extraídos, faremos traballos na aula onde o “invisible” terá protagonismo .

Queremos facer visible o universo do invisible e analizar qué biodiversidade temos e a influencia dos factores humanos-xeográficos, así como evidenciar a importancia dos mesmos no noso día a día, crear unha biblioteca de microbios: morfoloxía, nomenclatura, funcións, efectos...coidaremos algúns deles “micromascota” nun peque-no cultivo de crecemento... e moito máis!!!.

A recollida e ben sinxela, una mostra de po, por exemplo:

  1. Deslice o bastoncillo polo borde da parte superior/inferior dunha porta de calquera estancia, asegurándose que hai po ou pelusas nese lugar.
  2. Introduza unha pequena mostra dese po/pelusa xunto co bastoncillo na bolsiña de plástico
  3. Cubra os datos solicitados na etiqueta e peche a bolsiña co adhesivo
  4. Entregue en bolsiña a titora.

Non só nos interesan mostras de po senón tamén outro tipo de mostras como poden ser:

  • Un pequeno fragmento del material (5×5 cm) dunha almofada.
  • Pelos dun peluche vello ou pano usado.
  • Mostras de terra de macetas e /ou xardíns.

... QUE CHE INTERESA ANALIZAR? PARTICIPAS NO NOSO PROXECTO?

Entregar a mostra a titora antes do 15/11/20174

(Na circular do Luns irá grapada a bolsa+etiqueta+bastoncillo obxecto de recollida da mostra)