Biblionacasa nº5: CoronaReto Musical

20/03

Hoxe teremos unha biblioteca musical.

Para comezar, achegámoste outras 3 propostas para pasar o día: un conto, unha curtametraxe e un vídeo musical....por cal queres comezar?

O conto: En realidade son dúas historias...

  1. A primeira é UN GLOBO VERMELLO, unha historia sen palabras, só con música...unha música que levanta o ánimo e esperta o optimismo mentres o nosomaxín voa tras un globo vermello. https://www.youtube.com/watch?v=AAUlnv4c0Tc
  2. O segundo conto é UNA CAPERUCITA ROJA, unha revisión moi empoderada dun clásico que foi todo un éxito na clase de 2o de Primaria. https://youtu.be/OczP_x9Csh4

A curta: Snack attack

https://youtu.be/38y_1EWIE9I

A canción: “Carolina” de Uxía Lambona e a Banda Molona
https://youtu.be/K7mvKBpm7RI?list=PLs3x95lOdlbRd2LOReeGAaYztFdLCv2sp

E para escoitar nestes días, nos que abonda o tempo de lecer, velaí van outro dous enlaces:

E como queremos un día de biblioteca musical, propóñovos unha noite de ópera...ou dúas...ou tres...Unha ópera cada día, que podedes organizar dende este enlace:

 https://scherzo.es/el-met-ofrecera-opera-gratis-en-su-web-cada-noche-mientras-dure-la-crisis-del-covid-19/

 Tamén vos quería achegar algunha das canción que están xurdindo nestes días de EuQuedoNaCasa, nos que moitos artistas colgan cancións para levar o confinamento o mellor posible.

CORONARETO Nº 5

Fai a túa propia canción (en galego) sobre o coronavirus, escollendo unha destas opcións:

  • Rap do coronavirus.
  • Versionar a letra de “Resistiré”

 Gravade un vídeo cantando a canción (estaría xenial que participara toda a familia) e enviádeo ao enderezo da biblioteca: bibli@ceipdelaredo.com.