2º EP DendeCasa

11:30
LUNS
XOVES

  PROGRAMACIÓN
3º TRIM
CONTACTO AULA/DPTO EMAIL HORARIO AULA
Aula segundo primaria maria@ceipdelaredo.com Ver Horario

 

DATA MATERIA TEMA DESCRICIÓN MODALIDADE TEMPO APROX.

 

10/06/2020 EF Relax Técnica Koepen: https://www.youtube.com/watch?v=zW46Hys7e7A Youtube    
10/06/2020 Lingua Oracións Completa as tarefa das páxinas 166 e 167 do libro de Lingua. Libro 20 Obrigatorio

 

09/06/2020 EF Relax

20 minutos de relaxación túmbate e fai esta sesión: https://www.youtube.com/watch?v=eu-2iWv_fCM

 

Youtube    
09/06/2020 Matemáticas Medida Completa as tarefas da ficha número 14 de Medida do libro de Matemáticas. Como se trata de aprender a medir líquidos, tamén podes practicar o aprendido na cociña, no baño ou na piscina...Envía despois a foto da ficha ao meu correo. Libro 15 Obrigatorio
09/06/2020 Lingua Mais repaso Completa as tarefas das páxinas 164 e 165 do libro de Lingua Libro 20  

 

08/06/2020 Plástica - Secc. Bilingüe Chegan as vacacións Chega o final de curso, e propóñote que fagas un cartel para anunciar o final de curso.
Deixa a túa mensaxe.Lembra que un cartel ten debuxo , unha frase e unha data.
Correo electrónico, Folio / Cartolina 45  
08/06/2020 Recreo ONLINE Recreo Online Ás 11:30 temos un novo encontro. Tempo de xogar en compañía....Non esquezades as tarxetas para xogar ao bingo e un lapis. Recreo Online 30  
08/06/2020 Lengua Repasando Completas as tarefas das páxinas 256 (incluído un ditado), 260 e 261. Despois envía todo ó meu correo. Libreta, Libro 20 Obrigatorio
08/06/2020 Relixión TODO VAI A IR BEN Bo dia nenos e nenas, hoxe toca despedirse, remata o curso tan estraño que nos tocou vivir, pero agora, toca gozar dunhas boas vacacións moi merecidas por certo. Mándovos esta canción que se titula “todo vai a ir ben”   https://www.youtube.com/watch?v=8r4Vs18vKO4
En setembro volvemos a vernos e como di a canción todo vai a ir ben, por iso hai que coller moita forza no verán para volver con ganas. Grazas a todos/as por mandar as vosas tarefas.
Un abrazo moi grande e un bico moi forte
Youtube    
08/06/2020 Valores AS DÚAS CARAS DA MOEDA Hoxe chegamos ao último día de Valores deste curso e quero que fagades unha reflexión sobre estes tres meses que levamos metidos nas casas nos que rachamos a nosa rutina "normal" e  cambiámola por outra rutina "diferente". O que, en principio, parece algo moi negativo, seguro que si o analizades  podédeslle  atopar "A OUTRA CARA DA MOEDA". É dicir; podemos atopar cousas BOAS e POSITIVAS que "conseguimos" con este confinamento.
Nun folio dividido en dúas metades, ides escribir nunha das metades as "COUSAS NEGATIVAS DO CONFINAMENTO" e na outra metade as "COUSAS POSITIVAS DO CONFINAMENTO", sempre dende o voso punto de vista! Seguro que atopades moitas, máis coa axuda das vosas familias, e que concluiredes que DE TODO O MALO (casi)SEMPRE SAE ALGO BÓ.  Mandade unha foto  do voso traballo a musica@ceipdelaredo.com
Que teñades unhas boas vacacións!
Correo electrónico, Vivencial, Folio / Cartolina 40 Obrigatorio