Secretaría

Axudas de libros, material escolar e fondolibros

                          AXUDAS LIBROS

 

Xa está aberto o prazo para solicitar a axuda dos libros, ,material escolar e fondolibros para o curso 2024-2025.

1- Quen pode solicitalo? Poderá solicitalo aquelas familias cuxos fillos/as cursen dende 1º de primaria ata 4º da ESO no curso 2024-2025

2- As cuantías e os requisitos están na orde que se adxunta a continuación.

3- Onde podo solicitalo: A través da Sede Electrónica, co código ED330B (https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=ED330B)  ou ben presencialmente no colexio. Deixamos os anexos adxuntos que deberedes cubrir e entregar na secretaría antes do 21 de xuño.

4- Atención!! Firmade ben os anexos e lede ben toda a información relativa a axuda, xa que é preciso entregar a documentación e os anexos debidamente cubertos.

 

Plan Estratéxico de mellora dos centros

PEM

 

O noso centro escolar está adherido ao Plan estratéxico de mellora dende o curso 2021/2022. Os cambios constantes na sociedade, e por ende, na educación, son resultados do análise tanto implícito como explícito da nosa realidade. Algúns destes cambios ocorren como resultado dun plan de mellora escolar. Os cambios poden non ser consistentes entre si ou co desenvolvemento da inclusión. 

O cambio nos centros escolares transfórmase nunha mellora inclusiva cando está baseado en valores inclusivos. Facer o correcto implica relacionar as distintas prácticas e accións escolares cos valores. Relacionar as túas accións cos teus valores pode ser o paso máis práctico para a mellora do teu centro. A participación implica aprender, xogar ou traballar en colaboración con outros. Trátase de poder facer eleccións e de ter algo que dicir sobre o que facemos. Más profundamente ten que ver con ser recoñecido e aceptado por nós mesmos. 

Velaquí tedes uns cuestionarios para poder analizar, impulsar ou incluso cambiar aspectos tanto do equipo dirctivo, profesorado ou centro escolar. Todos os datos obtidos axudarán a poder mellorar o noso centro e ofertar á contorna un centro educativo que atenda as demandas da nosa contorna máis próxima. A paricipación da comunidade educativa é fundamental para poder transformar a nosa visión, cara unha educación de calidade donde teñamos en conta todos os aspectos.

Os cuestionarios que atopades aquí son os seguintes:

- Cuestionario 1 e 2 : É para mestrxs, familias e PAS. Clicade nos enlaces para acceder

https://abalarbox.edu.xunta.gal/index.php/apps/forms/55czHYf4n7Yxfwoq

https://abalarbox.edu.xunta.gal/index.php/apps/forms/A4CNFANL7fzomZ5Z

- Cuestionario 2: É para o alumnado: Clicade no enlace para acceder

https://abalarbox.edu.xunta.gal/index.php/apps/forms/QdEeFJpwmtKqSFXy

 

 

 

Axudas para comedor e material escolar para o curso 2021-2022

Xa están publicadas as axudas para material escolar (só para infantil) e para o comedor do Concello de Redondela para o vindeiro curso escolar.

A data límite para a axuda do comedor é o 23 de agosto

A data límite para a axuda do material escolar é o 10 de agosto.

Para máis informacion podedes consultar na páxina web do Concello de Redondela.

Lista de admitidos para o curso 2021-2022

Informamos ás familias que todas as solicitudes entregadas no centro teñen praza. A formalización da matrícula será do 20 ao 30 de xuño. Para máis información consultade a páxina web nas próximas datas.

 

Benvid@s a tod@s!!!

XORNADA DE PORTAS ABERTAS PARA O CURSO 2021-2022

Cartel

 Información sobre a xornada de portas abertas:

PROCESO DE ADMISIÓN PARA O CURSO 2021-2022, listaxe de vacantes

Aquí tedes a infografía coas datas de admisión para o curso 2021-2022. Para calquera dúbida podedes chamar ao teléfono 886110668

 

As vacantes ofertadas son as seguintes:

 

listaxe de vacantes

 

Distribuir contido