Subida á Buraca 11 Chapela Horario do centro: Luns a Venres de 8:50 a 13:50 correo electrónico: ceip.igrexa.chapela@edu.xunta.gal Teléfono: 886110668
CEIP PLURILINGÜE IGREXA CHAPELA |
|
Subida á Buraca 11 Chapela Horario do centro: Luns a Venres de 8:50 a 13:50 correo electrónico: ceip.igrexa.chapela@edu.xunta.gal Teléfono: 886110668 |
BloguesInformación de edixgal para novas familiasEnviado por admin o Xov, 05/09/2024 - 16:37Aquí podedes encontrar información para as familias que comezades este ano con Edixgal. Podedes descargar o folleto en PDF. A páxina web da Consellería é a seguinte: https://espazoabalar.edu.xunta.gal/e-dixgal
Axudas para material escolar en educación infantilEnviado por admin o Mér, 26/06/2024 - 08:55
O prazo abrangue dende o 27 de xuño ao 31 de xullo. As bases e os anexos os tedes en adxuntos. A presentación pode ser de forma presencial ou ben de forma telemática a través da Sede do Concello. Recomendacións lectorasEnviado por admin o Lun, 24/06/2024 - 08:19Aquí tedes as recomendacións lectoras de este verán. A gozar coa lectura!!!!
Libros de texto curso 2024-2025Enviado por admin o Lun, 24/06/2024 - 07:22Aquí tedes os libros de texto que imos utilizar no curso 2024-2025. Podedes descargar o documento no adxunto
Novo campamento do Concello de RedondelaEnviado por admin o Mar, 04/06/2024 - 04:03Aquí tedes a información sobre un novo campamento organizado polo Concello de Redondela
Axudas de libros, material escolar e fondolibrosEnviado por admin o Mar, 21/05/2024 - 04:56
Xa está aberto o prazo para solicitar a axuda dos libros, ,material escolar e fondolibros para o curso 2024-2025. 1- Quen pode solicitalo? Poderá solicitalo aquelas familias cuxos fillos/as cursen dende 1º de primaria ata 4º da ESO no curso 2024-2025 2- As cuantías e os requisitos están na orde que se adxunta a continuación. 3- Onde podo solicitalo: A través da Sede Electrónica, co código ED330B (https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=ED330B) ou ben presencialmente no colexio. Deixamos os anexos adxuntos que deberedes cubrir e entregar na secretaría antes do 21 de xuño. 4- Atención!! Firmade ben os anexos e lede ben toda a información relativa a axuda, xa que é preciso entregar a documentación e os anexos debidamente cubertos.
Programa municipal de Conciliación de Verán 2024Enviado por admin o Mér, 08/05/2024 - 06:50
Xa tedes na páxina web do Concello a información, bases e ficha de inscripción para o Programa de Conciliación de Verán do Concello de Redondela. Vos deixamos porr aquí tamén as bases e a ficha de inscripción. https://redondela.gal/gl/programa-municipal-de-conciliacion-de-veran-2024/
Maratón das Letras Galegas 2024Enviado por admin o Mér, 08/05/2024 - 05:54Recordade que este ano colaboramos co Banco de Alimentos de Vigo. Poderás traer os alimentos ao centro ata o día 16 de maio.
O maratón das Letras Galegas será o día 16 de maio Horario: 10 a 14 horas Participan: CEIP Plurilingüe Igrexa Chapela, CEIP Plurilingüe Alexandre Bóveda, CEIP Laredo, IES Chapela, DISCAMINo, AMICOS Colaboran: Concello de Redondela, Banco de Alimentos de Vigo, DISCAMINO
Podedes descargar o dorsal nos adxuntos |