Xeral
Curso de Actualización de Ferramentas TIC para docentes- maio 2020
O módulo de actividade de conversa permítelles aos participantes ter discusións baseadas en texto, en tempo real, síncronas.
A conversa pode ser unha actividade única ou poder repetirse á mesma hora cada día ou cada semana. As sesións de conversa gárdanse e poden ser dispoñibilizadas para seren vistas por calquera ou seren restrinxidas a usuarios coa capacidade de ver os rexistros das sesións de conversa.
As conversas son especialmente útiles cando o grupo que conversa non pode realizar encontros cara a cara, tales como
- Reunións regulares dos alumnos que participan en cursos en liña para permitirlles compartir experiencias con outros no mesmo curso mais nunha localización diferente
- Un alumno non pode temporalmente asistir en persoa á soster unha conversa co seu profesor para lograr o seu progreso
- Os alumnos nunha práctica de traballo externa reúnense para discutir as súas experiencias entre eles e co seu profesor
- Os nenos máis novos que utilizan a conversa na súa casa polas tardes como unha introdución controlada (monitorizada) ao mundo das redes sociais
- Unha sesión de preguntas e respostas cun relator convidado nun lugar diferente
- Sesións para para axudar os alumnos a se prepararen para probas nas que o profesor ou outros alumnos lle presentan algunhas preguntas de exemplo.