Obradoiro de contos
Enviado por Anónimo o Mér, 25/11/2015 - 14:39Obradoiro de contos.
“A música das árbores”..... Baixo este título o vindeiro 17 de decembro o EDNL do centro, organizou un obradoiro de contos dirixido coa batuta dun gran mestre de fabricar burbullas de ilusións a moitos nenos e nenas nos seus percorridos na súa bibliobici , como é Anxo Moure. Esta actividade está enfocada a todo o alumnado do centro.
Día do peón
Enviado por Anónimo o Lun, 09/11/2015 - 12:04O Samaín 2015
Enviado por Anónimo o Ven, 09/10/2015 - 22:54
......................2015
Bailan, bailan as pantasmas, monstros,
bruxas e coruxas, bule,
bule que aínda é cedo
e hoxe toca pasar
medOOOOOOOO……
Chegou o mes de outubro e con él, o tempo das castañas, das setas, das longas noites de choiva e frío. Pero tamén é o tempo do Samaín, un tempo de tradicións e de medo, de moiiitoooo medo……
O equipo de EDNL amosa estes enlaces onde atoparedes cantigas, cancións e contos de Samaín.
- Cantiga Samaín de Jesús Pareja.
https://www.youtube.com/watch?v=UWClF9yZRtU
- Cantiga Samaín de Jesús Pareja e Andrea Pico Rodiles.
https://www.youtube.com/watch?v=_oMloEPg-ws
- Canción Mamá Cabra: O Samaín.
https://www.youtube.com/watch?v=alcQHPJzvg8
- Canción o Rock do Samaín.
https://www.youtube.com/watch?v=UFZpwaLjVXU
- Canción Maxia galega no Samaín.
https://www.youtube.com/watch?v=evralTuDv2I
- Conto os bolechas teñen medo.
https://www.youtube.com/watch?v=CEyiNsLJJp8&spfreload=10
- Conto Corre corre cabaciña.
https://www.youtube.com/watch?v=3Im2AZDcKvc ( canción )
https://www.youtube.com/watch?v=7Y72EiBtXOY ( conto )
- Conto A bruxa regañadentes.
https://www.youtube.com/watch?v=-oWj0igPIMI
- Conto A cabaza que non sabe asustar.
https://www.youtube.com/watch?v=Zk-XYY4KJpc
- Conto A aventura de Nera.
https://www.youtube.com/watch?v=uLKkcStWgqE
Actividades ...........!!!!!!!!!!!!!
ACTIVIDADES SAMAÍN 2015
1.- “MURAL COLECTIVO” Conformará unha paisaxe de terror
Os alumnos/as de cada clase colorearán, recortarán e deseñarán o motivo que lles tocou.
- CUARTO PANTASMAS. Unha por alumno/a para o borde.
- QUINTO ESTRELAS, MORCEGOS, GATOS, MOUCHOS. Cada clase fará os catro motivos.
- SEXTO CABAZAS. Unha por alumno/a.
COLOCARANSE o día 20 de Outubro (martes) a partires da segunda hora no lugar destinado no mural.
2.- EXPOSICIÓN E OBRADOIRO DE TALLADO DE CABAZAS” Propoñerase aos alumnos que na súas casas decoren unha cabaza e a traian, para formar parte da exposición diante do mural. Colocaranse o día 27 de Outubro, despois da primeira hora. O día 29 levaranas para as súas casas.
3.-OUTRAS ACTIVIDADES:
- Lectura de contos (A Casa do Rato Renato, Contos para asustar ao medo, A bruxa Regañadentes …),
- o Libro dos contos de medo, feito polos alumnos nos cursos pasados.
- Canción “O Samaín” de Mamá Cabra
- Visionado de DVDs de medo: O lobo e os cabritos, A pota que trota, Fiz o coleccionista de
- medos…
- Lectura de historias do Samaín, fichas de actividades de comprensión.
- Elaboración de marcapáxinas, sudokus, crebacabezas, recortables, puzles, sopas de letras, debuxos, cestas, mandalas, contos de medo, banderíns....
O Equipo de Dinamización da Lingua Galega pon a disposición de todos os compañeiros/as na sala de mestres unha carpeta con material variado fotocopiable para realizar as actividades tanto de aula coma colectivas.
Se queredes saber máis ide ao noso blogue..............
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- 14
- 15
- 16
- 17
- seguinte ›
- última »