LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR 2024/25

LIBROS DE TEXTO e MATERIAL ESCOLAR Curso 2024/2025

Orde do 07 de maio de 2024 (DOG do 20 de maio de 2024)

 

VAI DIRIXIDO A:

O alumnado de E. Primaria, educación secundaria e educación especial no curso 2023/24.

MODALIDADES: Dous tramos de renda

•        Igual ou inferior a 6.000€ .

•        Superior a 6000€ e igual ou inferior a 10.000€

Axudas/ Vale: Cursos 1º e 2º Primaria.

Fondo: Cursos 3º/4º/5º/6º. Familias por orde inversa á renda per cápita, ata esgotar existencias.

Vale Material: Todos os cursos de primaria. Familias con renda per cápita familiar igual ou inferior a 6000€.

 

O noso alumnado de 6º de Primaria debe ir a facer estes trámites ao Instituto de ESO no que fixo a reserva ou admisión.  

 

A SOLICITUDE É ÚNICA PARA AS MODALIDADES E NELA INCLÚENSE TODOS OS FILLOS/AS ADMITIDOS NO MESMO CENTRO.

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica. Podedes acceder dende a web da escola http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipfreiluisgranada/, ou dende a sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal/ (Procedemento: ED330B), ao formulario e a toda a información.

 

Opcionalmente, poderase presentar as solicitudes na secretaría do centro, onde estuden os/as nenos/as o vindeiro curso 2024/25.

 

PRAZO de solicitude: Ata o 21 de xuño de 2024 (este incluído).

 

PRAZO de resolución: O centro informará a través da web e abalarMóbil do calendario de recollida de vales e de publicación de listaxes, provisionais e definitivas, e de solicitudes excluídas e admitidas cos libros asignados, do alumnado que permaneza na nosa escola.

 

PRAZO de devolución: Ata o 21 de xuño. O/a alumno/a entregará os libros a titora.

RECÓRDASE QUE:

❖   As familias comprométense a manter en bo estado os libros, para incorporalos, ao rematar o curso escolar 2023/24, de novo ao fondo solidario (Banco de libros) que permitará a súa reutilización nos seguintes cursos académicos.

 

❖   A falta de devolución de todos os libros, ou a devolución en mal estado será causa de exclusión da participación no Banco de libros.

 

DOCUMENTACIÓN, que xustifique a unidade familiar a 31/12/2022 (Artigo 4)

 

De maneira xeral aportarase copia do libro de familia*, so se hai cambios ou modificación dos membros computables da unidade familiar, con respecto á anterior convocatoria.

 

*Nos casos en que non teñan libro de familia, ou este non reflicta a situación o 31 de decembro de 2022, deberán aportar documentación que xustifique a nova situación familiar. (certificación de convivencia)

 

 

CÁLCULO RENDA PER CÁPITA FAMILIAR. (Artigo 3)

❖   Terase en conta a unidade/ situación familiar a 31/12/2022.

❖   Exercicio fiscal 2022.

A renda da unidade familiar obterase pola suma das rendas de cada un dos membros computables da familia que obteñan ingresos de calquera natureza. Sumaranse a base impoñible xeral (recadro 435), e a base impoñible de aforro (recadro 460), de ambas rendas, dividida entre o número de membros computables.(Artigo 4)

 

Isto é unha orientación, para o voso cálculo, pois na solicitude non hai que por ningunha cantidade, pois ao se autorizar a consulta telemática de todos os datos cruzaranse automaticamente coas distintas Administracións e eles mesmos comproban.

As persoas que non residiran en España no ano 2022 deberán acreditar os seus ingresos no país de orixe ou presentar unha declaración responsable dos ingresos da unidade familiar.

 

 

A documentación que se achegue deberá ter validez no momento da presentación da solicitude.

 

 

O centro educativo poderá requirir das persoas solicitantes, en calquera momento, aclaración da documentación presentada.

 

Esta información é de carácter xeral, sen perxuízo do especificado na Orde do 07 de maio de 2024 (DOG do 20 de maio 2024) desta convocatoria.

 

MENÚ COMEDOR ESCOLAR

 

 

BECAS NEAE 2024-2025

Distribuir contido