Curso 2011/2012
"2.º Cancioneiro CEIP ESPIÑEIRA-ALDÁN" "AO GALEGO CANTANDO CON ALEGRÍA"
Posted Febreiro 29th, 2012 by xurxobo
Que así mo pediron, que así mo mandaron,
que cante e que cante, na lingua que eu falo
Poñemos aquí tamén o cancioneiro deste curso para que poidamos ir aprendendo aquelas destas cantigas que nos faltan por saber. Algunhas que xa gravamos nós e outras de compañeiras que nos concederon o seu permiso podedes escoitalas a continuación.
O resto das cantigas podedes escoitalas aquí
Recomendáronnos este lugar para coñecer un pouco máis do noso patrimonio cultural e musical
PARA OS QUE QUEREN IMPRIMILO
Posted Febreiro 29th, 2012 by xurxoboA petición de varias persoas que solicitaron este arquivo porque querían imprimir o noso calendario 2012, coa copla escollida este ano para non esquecernos da nosa lingua galega, aí vai
Fotos do Entroido 2012
Posted Febreiro 24th, 2012 by amarcosXa tedes a vosa disposición as fotos do Entroido deste ano. Para ver máis picade aquí
ALIMENTOS SOLIDARIOS
Posted Febreiro 13th, 2012 by amarcosA Sociedade Deportiva Meniños do Morrazo e a Escola Fútbol Base de Beluso, están a organizar o 1º TORNEO CONTRA A FAME. O noso centro participa nesta actividade cunha recollida de alimentos para a "Asociación Freijeiro de Ayuda al Necesitado". Podedes traer o voso "Quilo" ata o venres 17 deste mes.