CONVOCATORIA AXUDAS COMEDOR ESCOLAR 2023-24

Ábrese o periodo de presentación de solicitudes das AXUDAS AO COMEDOR ESCOLAR do 1 ao 25 de agosto para o vindeiro curso.

Estas axudas dependen da Concellería de ensino, benestar, muller e igualdade do Concello de Cangas e regúlanse a través das seguintes bases:

Bases reguladoras para a concesión de axudas de comedor escolar 23-24

PARA OS/AS INTERESADOS/AS EN SOLICITAR ESTAS AXUDAS, ACHEGÁMOSVOS O MODELO DE SOLICITUDE QUE TEREDES QUE PRESENTAR NO REXISTRO MUNICIPAL DO CONCELLO DE CANGAS, XUNTO COA DOCUMENTACIÓN REQUERIDA.

ANEXO I Solicitude axuda comedor escolar 23-24

Para máis información podedes dirixirvos ao Centro Municipal de Benestar Social, Rúa Andalucía 3 baixo, ou ao correo electrónico benestarsocial@cangas.gal

 

AXUDAS ALUMNADO CON NECESIDADE ESPECÍFICA DE APOIO EDUCATIVO

 

 

Prazo de presentación de solicitudes

Do 8 de maio ata o 20 de setembro de 2023

Quen pode solicitalas

Alumnado que presenta unha necesidade específica de apoio educativo derivado de alguna das seguintes situacións:

·Discapacidade

·Trastorno grave de conduta

·Trastorno grave da linguaxe ou da comunicación

·Trastorno do Espectro Autista

·Altas capacidades

Presentación solicitudes

Departamento de orientación do centro: LUNS - XOVES

ACCESO AO SERVIZO ONLINE

 

AXUDA PARA MATERIAL ESCOLAR (SÓ PRIMARIA)

Enlace a Orde no Diario Oficial de Galicia

  

Prazo 

Do 20 de maio ao 21 de xuño de 2023

Contía 

-Renda per cápita familiar igual ou inferior a 6.000 €: 75 €

-Renda per cápita familiar superior a 6.000 € e igual ou inferior a 10.000 €: 60 €

Documentación a presentar

-Solicitude ED330B-anexos I e IIcuberta e asinada

-Fotocopia do libro de familia

 No caso de separación ou divorcio, fotocopia da última sentencia ou convenio regulador, onde conste a custodia do/a menor.

 No caso en que a unidade familiar non coincida, certificado de convivencia.

Presentación da solicitude

- Preferiblemente por vía electrónica empregando a chave 365 ou certificado dixital

                                       

Fondolibros: cubra os datos nesta aplicación, imprima os Anexos I e II  e presénteos no centro educativo.

-Na secretaría do centro, de luns a venres de 9:30h. a 14:30h.

 O alumnado de 6º de primaria presentará a solicitude no IES ao que asistirá

 

LIMPEZA DAS NOSAS PRAIAS

O sábado 20 de maio o alumnado de 6º de primaria, xunto coas súas familias e amizades, realizaron unha xornada medioambiental para facer limpezas de lixo no litoral das praias de Congorza-Areamilla, Nerga, Vilariño-San Cibran (Aldán) e Francón-Menduíña.

As persoas participantes dividíronse en grupos para efectuar a recollida. Posteriormente, trasladáronse ata o peirao de Aldán para coñecer e analizar o lixo que se recolleu nun obradoiro de divulgación medioambiental no que se explicou a procedencia dos residuos, o seu impacto no medio, así como hábitos diarios e alternativas que reducen a xeración destes residuos. 

A xornada foi un éxito absoluto como se ve nas fotografías. Recolléronse máis de 150 kg de residuos clasificados en vidro, plástico e envases, papel e cartón, e outros. Retiráronse desde traxes de augas, pasando por madeiras pintadas, ambientadores, bastonciños, moitísimas cabichas, redes e cordas, escarvadentes e sacos de batea, caixas de poliespán e ata unha lámpada fluorescente. En fin temos moito que aprender e mellorar.

Asimesmo esta actividade serviu para recadar fondos para a excursión de fin de etapa do alumnado nomeado.

Por iso queremos tamén agradecer, así como dar recoñecemento ás empresas que fixeron posible esta actividade: Panadería Iglesias, Pescados Marcelino, Librería Viláfer, La Pepita Burger Bar, WOFCO, BNA Invest, Recreativos Iglesias e Central de Efectos Navales. 

A protección dos oceános é cousa de todos e todas!

 

 

 

 

 

INVISIBLE

Estreamos o booktrailer que o alumnado de 5º e 6º realizaron como produto final do proxecto levado a cabo ao longo deste trimestre sobre o acoso escolar a partir da obra Invisible, de Eloy Moreno.

Agardamos que vos guste e que vos animedes a lela!!!

PARTICIPAMOS NO PROGRAMA OBSERVA ACCIÓN

O COLEXIO DA ESPIÑEIRA ALDÁN

Quen mellor que as crianzas para amosar o noso colexio e explicar como traballan e aprenden!

Agardamos que vos guste o noso vídeo e veñades a coñecernos!

QUERES COÑECERNOS? XORNADAS DE PORTAS ABERTAS

Comeza o proceso de admisión de alumnado en centros escolares sostidos con fondos autonómicos para o curso 2023/24, regulado pola Orde de 21 de outubro de 2022 e co seguinte calendario:

  • Do 1 ao 20 de marzo de 2023: prazo de solicitude de admisión para o alumnado que se incorpora por vez primeira ao sistema educativo galego ou para os que cambian de centro de maneira voluntaria.
  • 25 de abril de 2023: publicación da listaxe provisional de admitidos. Cinco días hábiles para formular reclamacións a partir do día seguinte da súa publicación. 
  • 15 de maio de 2023: publicación da listaxe definitiva de admitidos.
  • Do 20 ao 30 de xuño de 2023: unha vez admitido, prazo de formalización de matrícula.

 

SE QUEREDES VIR A COÑECERNOS PODEDES ACHEGARVOS Á ESCOLA OS MARTES DE FEBREIRO EN HORARIO DE 4.30 A 5:30, (AGÁS O MARTES 21).

AGRADECEMOS QUE RESERVEDES CITA PREVIA NOS TELF.: 886110186 - 886110187 OU A TRAVÉS DA WEB ceip.espinheira.aldan@edu.xunta.gal

 

RESERVA DE PRAZA NO IES Mª SOLIÑO

RESERVA DE PRAZA PARA O IES MARÍA SOLIÑO 

O vindeiro xoves 25 de xaneiro ás 9:30 terá lugar na biblioteca do centro unha charla para o alumnado de 6º de primaria e as súas familias sobre o proceso de reserva de praza para o vindeiro curso.

Ábrese o prazo para realizar a Reserva de Praza no IES María Soliño (centro adscrito):

Alumnado ao que vai dirixido: 

6º curso de Educación Primaria

Prazo de presentación: 

Do 15 de xaneiro ao 5 de febreiro

Documentación:

Cubrir o formulario ED550A de xeito manual ou a través da aplicación admisión alumnado

Presentación: 
  • Na secretaría do noso centro 
  • Na sede electrónica para o que se precisará a chave 365 ou certificado dixital

AXUDAS ALUMNADO CON NECESIDADE ESPECÍFICA DE APOIO EDUCATIVO

AXUDAS PARA O ALUMNADO CON NECESIDADES ESPECÍFICAS DE APOIO EDUCATIVO DE INFANTIL E PRIMARIA

 

Prazo de presentación de solicitudes

Do 8 de maio ata o 20 de setembro de 2023

Quen pode solicitalas

Alumnado que presenta unha necesidade específica de apoio educativo derivado de alguna das seguintes situacións:

·Discapacidade

·Trastorno grave de conduta

·Trastorno grave da linguaxe ou da comunicación

·Trastorno do Espectro Autista

· Altas capacidades

Presentación solicitudes

Departamento de orientación do centro

LUNS - XOVES

    

Distribuir contido

Back to top