GUÍAS DE LECTURA E MÚSICA 2019-2020
Posted Decembro 13th, 2019 by xurxobo
Lembrade que tamén podedes votar, xogar, aprender... moito no resto dos apartados, así como pulsando enriba das imaxes desa marxe dereita e noutros moitos lugares.
COMA ESTES ÚLTIMOS ANOS, AQUÍ ESTÁN AS NOVAS GUÍAS DE LECTURA E MÚSICA PARA ESTE CURSO. COA MELLOR DAS INTENCIÓNS, PROFESORADO DOS DISTINTOS NIVEIS ELIXE ENTRE AS PUBLICACIÓNS NOVAS, OU REEDICIÓNS, DOS ÚLTIMOS 12 MESES APROXIMADAMENTE, DESDE OUTUBRO A OUTUBRO DE CADA ANO. ASÍ PÓDENSE REPARTIR E DIFUNDIR A PRINCIPIOS DE CADA DECEMBRO, COMO NOS SOLICITAN.
ATRÉVETE A ABRILO!
O obxectivo é facer chegar ás familias e a todo o resto da comunidade educativa, suxestións de lecturas e música en galego para todas as idades. Seguro que aquí atoparedes moitas ideas para mercar agasallos no Nadal, en aniversarios, ou en calquera día, incluso agasallarvos a vós mesmos/as.
Mandamos unha grande aperta a Esteban Acuña, de Tarabelos: títeres e contacontos, Demostrou a súa xenerosidade facendo esta ilustración tan fermosa. Moitísimas grazas, Esteban: es un artistazo!
Agradecemos tamén a Ana, coordinadora do EDLG do C.E.I.P. Seixo de Marín, o seu extraordinario labor, así como a todo o resto do profesorado que colabora para que todo isto saia adiante.
Hai tres guías adaptadas ás diferentes idades (infantil, primaria, secundaria e bacharelato), para que poidades acertar máis cos agasallos e que este nadal, e sempre que queirades, as casas se enchan de lecturas, discos cheos de boas músicas... As tres levan tamén un apartado para persoas adultas.
Agradecemos moito a maior difusión que poidades!
Premede en cada imaxe para acceder ás dúas páxinas con todas as recomendacións desa idade e velas con máis calidade.
Se buscades un bo libro, cd ou dvd, editado hai máis dun ano, podedes atopalos na marxe dereita desta web, onde pon
Equipo de Dinamización Lingüística e premer enriba do apartado
As nosas recomendacións
Lembrade que tamén podedes votar, xogar, aprender... moito no resto dos apartados, así como pulsando enriba das imaxes desa marxe dereita e noutros moitos lugares.
FONDAS APERTAS E QUE VOS APROVEITE!