ESPECTÁCULO CIRCENSE POLO NADAL: "CIRCAMPESTRES"

O próximo 22 de decembro teremos no cole un espectáculo circense. Será a partir das 12:30 h. e estará aberto a todos os pais, nais e familiares que queiran acompañarnos. Pero quen son Circampestres? Aí vos vai unha pequena "explicación": Circampestres é un número de circo de duración aproximada dunha hora, na que os personaxes participantes, Tomasín e Tiburcio, amósannos as súas habilidades circenses adquiridas ó longo dun duro adestramento que compaxinan cos seus labores agrícolas.

Así ó longo da hora, o público gozará de maxia, monociclo, malabares e sobre todo dun amplo sentido do humor desenvolto por estes dous personaxes.

Back to top