SUSPENSIÓN DAS CLASES DÍA 16 DE DECEMBRO

A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria decidiu, como medida de precaución, a suspensión das clases dos centros educativos de Galicia durante a xornada de mañá, 16 de decembro.

Esta medida tómase en base á predición, feita pola Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET), dun fenómeno meteorolóxico adverso con precipitacións  en forma de neve que afectarán á Comunidade Autónoma de Galicia en cotas baixas a partir das 00.00 horas oficial do mércores 16 de decembro.

Consellería de Educación e Ordenación Universitaria

Back to top