Skip to Content

Calendario escolar 2021-2022

Reunións principio de curso

Convocatoria de reunión conxunta de principio de curso.

Libros de texto curso 2021/2022

No arquivo adxunto poden atopar a listaxe dos libros de texto para o vindeiro curso 21/22. A partir de setembro en canto estea feita a adscrición do profesorado colgaremos listaxe de material por curso.

Feliz verán!

 

CALENDARIO FONDOLIBROS

 O calendario do fondo libros será o seguinte: 

Fondolibros 2021-2022

Estimadas familias:

No día de hoxe saiu publicada a Orde do 6 de maio de 2021 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secunbdaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos, para o curso escolar 2021/22.

Letras Galegas 2021

Durante toda esta semana no Ceip Escarabote estivemos aprendendo moito acerca de Xela Arias e as Letras Galegas. Parte do traballo e esforzo de estes días podedes velo no seguinte vídeo:

 

Reporteiras e reporteiros do CEIP Escarabote

Os nenos e nenas de Escarabote, para o 8M e tomando como referencia o tema da Biblioteca, investigaron sobre diferentes deportistas españolas. O resultado do seu traballo, podédelo ver en forma de telexornal no seguinte vídeo:

Prazos matrícula curso 2021/2022

O PRAZO DE SOLICITUDES DE ADMISIÓN será entre o día 1 e o 22 de marzo de 2021; na Secretaría do Centro.

RESOLUCIÓN PROVISIONAL DE ADMITIDOS E NON ADMITIDOS: As listas publicaranse con anterioridade ao 25 de abril. Poderase formular reclamación no prazo de 5 días hábiles dende o seguinte día da súa publicación.

Día de Rosalía de Castro

Actividade realizada no centro o 24 de febreiro, Día de Rosalía de Castro.

 

Queres coñecer o noso cole? MATRÍCULA

Como consecuencia da actual situación sanitaria, este ano, non haberá xornada de portas abertas.

Non obstante todas aquelas familias que desexen ver as instalacións do noso centro, poderán facelo entrando no seguinte video.

O prazo de matrícula estará aberto do 1 ao 22 de marzo ambos incluídos.

Distribuir contido


by Dr. Radut