Skip to Content

ACTIVIDADES DURANTE A SUSPENSIÓN DAS CLASES

Ante a suspensión temporal das actividades lectivas, as mestras dos diferentes niveis e especialidades propoñen unha serie de actividades que foron colgadas nesta web. Na parte lateral esquerda da pantalla, no apartado titorías e pinchando sobre o curso correspondente, atoparedes os arquivos adxuntos coas propostas para estes días.

Para formular calquera dúbida, podedes facelo no enderezo do cole: ceip.escarabote@edu.xunta.es  a/a da mestra que necesitedes.

Dende a dirección do centro, empregaremos o Abalarmóbil e esta páxina web, para informarvos de calquera situación ou cambio relevante.

Sabemos que é un momento complicado, grazas pola vosa colaboración e moito ánimo.

Saúdos&saúde!



story | by Dr. Radut