Skip to Content

o apalpador de Escarabote

Este ano, os nenos e nenas do colexio de Escarabote coñeceron ao Apalpador, unha figura lendaria galega que achega os agasallos aos nenos e nenas polas datas do nadal

Xigante de oficio carboeiro, baixaba das devesas e apalpaba as barriguiñas dos cativos. Se estaba chea dicía: " Así, así esteas todo o ano" e deixáballes castañas e xoguetes feitos por el. Senón calaba, pero deixáballes tamén as castañas e os xoguetes.

 

Cada neno e nena do cole, levou para a súa casa un debuxo do apalpador ao que  xunto coa súa familia lle elaboraron un traxe ben bonito. Ollade, Ollade  



page | by Dr. Radut