Durante toda esta semana no Ceip Escarabote estivemos aprendendo moito acerca de Xela Arias e as Letras Galegas. Parte do traballo e esforzo de estes días podedes velo no seguinte vídeo:
Os nenos e nenas de Escarabote, para o 8M e tomando como referencia o tema da Biblioteca, investigaron sobre diferentes deportistas españolas. O resultado do seu traballo, podédelo ver en forma de telexornal no seguinte vídeo:
O PRAZO DE SOLICITUDES DE ADMISIÓN será entre o día 1 e o 22 de marzo de 2021; na Secretaría do Centro.
RESOLUCIÓN PROVISIONAL DE ADMITIDOS E NON ADMITIDOS: As listas publicaranse con anterioridade ao 25 de abril. Poderase formular reclamación no prazo de 5 días hábiles dende o seguinte día da súa publicación.
- Na primeira imaxe, gotiña a gotiña inundamos o cole de PAZ. Cada titoría preparou unhas gotiñas con palabras relacionadas coa PAZ.
- Na segunda imaxe creamos un cartel coas portadas elixidas en cada clase, despois de que todo o alumnado crease a súa. Coas demais obras fixemos un libriño que quedou na biblioteca.
Instrucións do 14 de decembro de 2020 da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Cultura, Educación e Universidade relativas ao uso dos servizos educativos dixitais corporativos no marco da emerxencia sanitaria derivada da pandemia por Covid-19.
Colgamos adxunto:
Anexo II: Claúsula informativa sobre protección de datos persoais e condicións de uso dos servizos educativos dixitais.
ORDE do 6 de novembro de 2020 pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscarasentre el alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes públicos dependentes desta consellería e en centro