Bolsas e axudas para alumnos con NEAE 2024-2025

 

BECAS NEAE.

A solicitude faise no enderezo web do ministerio de educación. https://sede.educacion.gob.es/sede/login/inicio.jjsp?idConvocatoria=2109.

Están dirixidas a alumnado que non supere unha determinada renda e/ou patrimonio familiar e que presente necesidade específica de apoio educativo derivada de discapacidade ou trastornos graves de conduta, trastornos graves da comunicación e da linguaxe asociadas a necesidades educativas especiais, así como alumnado con TEA, alumnado con TDAH e alumnado con necesidade específica de apoio educativo asociado a altas capacidades.

Unha vez cuberta hai que imprimila e entregala no centro con toda a documentación.

O prazo é ata o día 13 setembro de 2024.

 

Fornelos de Montes, 7 de maio de 2024

PROCESO ADMISIÓN CURSO 2024-2025

INFORMACIÓN ADMISIÓN CURSO 2024.2025.

PRESENTACIÓN SOLICITUDES  NO CENTRO :1- 20 MARZO.

LISTAXE PROVISIONAL DE ADMITIDOS: 26 ABRIL

RECLAMACIÓNS: 5 DÍAS HÁBILES.

LISTAXE DEFINITIVA DE ADMITIDOS: 14 MAIO.

RECLAMACIÓNS. 15 MAIO A 17 XUÑO.

FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA. 20-30 XUÑO.

LIBROS TEXTO CURSO 23/24

No arquivo adxunto deixamos o listado de libros de texto para  o vindeiro curso 23/24.

Na porta do Centro porase, a finais de xullo, o listado de alumnado que recibe libros do Fondo e non ten que compralos.

O listado de material escolar entregarase ao iniciio de curso ao titor.

Calquera dúbida dos libros podedes escribir ao correo ceip.doutor.suarez@edu.xunta.gal

Distribuir contido