Bolsas e axudas para alumnos con NEAE 2024-2025

 

BECAS NEAE.

A solicitude faise no enderezo web do ministerio de educación. https://sede.educacion.gob.es/sede/login/inicio.jjsp?idConvocatoria=2109.

Están dirixidas a alumnado que non supere unha determinada renda e/ou patrimonio familiar e que presente necesidade específica de apoio educativo derivada de discapacidade ou trastornos graves de conduta, trastornos graves da comunicación e da linguaxe asociadas a necesidades educativas especiais, así como alumnado con TEA, alumnado con TDAH e alumnado con necesidade específica de apoio educativo asociado a altas capacidades.

Unha vez cuberta hai que imprimila e entregala no centro con toda a documentación.

O prazo é ata o día 13 setembro de 2024.

 

Fornelos de Montes, 7 de maio de 2024