Actividades extraescolares
Actividades extraescolares
ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES.
Están organizadas pola ANPA, terán lugar entre os meses de outubro a maio (ambos incluídos) e cada curso académico ofértanse diferentes actividades
que, segundo o número de solicitudes, lévanse a cabo en horario de 16:15h a 18:15 h.
Entre as actividades ofertadas adoitan estar: debuxo e manualidades, cociña, cómic, patinaxe, taekwondo,
balonmán, intelixencia emocional...
USO DA BIBLIOTECA DO CENTRO
En horario de tarde (16:15h a 18:15 h) estará unha mestra de garda na biblioteca do centro todos os días (menos os martes) dende outubro a maio
para atender ó alumnado que non asista ás actividades extraescolares e estea agardando a que o recollan as súas familias ou para aquel/a que precise
facer algún tipo de tarefa, taballo,... e necesite material da biblioteca ou ter un sitio onde xuntarse para traballar en equipo.
NORMAS E RECOMENDACIÓNS PARA A ASISTENCIA ÁS ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES
1º A asistencia ás actividades de tarde é voluntaria e ademáis recomendable,
sempre que se dosifique oportunamente tendo en conta a idade dos nen@s e as
súas aptitudes e intereses…
2º Os pais dos nen@s que asistan ás actividades extraescolares deberán estar
sempre localizables por teléfono.
3º Nas actividades de biblioteca, ludoteca e videoteca, o mestre/a non
dirixe a actividade, simplemente a supervisa, está presente. Para os alumn@s, permanecer dúas horas seguidas
nestes espacios pode resultar moi longo (sobre todo para os pequenos). O recomendable é que combinen estes
espacios con algunha actividade da ANPA.
4º A biblioteca é un espacio de lectura e estudio en silencio
Se queren ler, poderán atopar moitísimos libros, pero lembrade que sempre deben traer o seu
propio material (caderno, lapis cores,…) para realizar algunha tarefa complementaria á lectura,
tanto se están en E. Infantil coma en E. Primaria.
5º Non se pode comer nin beber durante as actividades extraescolares.
As merendas deberán reservarse para despois destas actividades.
6º O horario de actividades extraescolares é de 16:15 a 18:15.
No caso de que algún nen@ deba saír habitualmente antes da hora,
deberá traer unha autorización firmada polos pais e entregala o titor/a.
Cando un nen@ teña que saír algún día antes das 18:15, deberá vir buscalo
a persoa responsable e firmar unha autorización de saída igual que se fai
durante a xornada escolar.
7º Non se pode ir a actividades nas que non se
estea anotado, xa que se interrompe e provócase distraccións nos compañeir@s.
8º Os alumn@s que non veñan ás actividades da tarde non poderán utilizar
as instalacións do centro (Aulas, patios, espacios comúns,…) en horario de
16:15-19:15 os martes, e de 16:15 a 18:15 o resto de días lectivos.
9º Está prohibida a entrada no recinto escolar de
calquer medio de transporte (coches, motos e bicicletas) salvo persoal autorizado,
tanto pola propia seguridade dos nen@s como conservación do centro.