As novas tecnoloxías son moi boas ferramentas, pero como ferramentas hai que saber usalas con precaución porque temén teñen os seus perigos. Para ensinarnos a navegar sen perigo e estar alerta dos risgos de internet, acompañounos o noso amigo Manu de "Navega con Rumbo".
Hoxe montáronos no patio e explicáronos a exposición que se fixo cos debuxos dos poemas de Florencio Gurriarán. Entre eles unha selección dos que enviamos dende o CEIP O Bolo.
A semana pasada celebramos o día da biblioteca indo a ver unha obra de teatro á Rúa e facendo actividades de animación á lectura na biblioteca do centro.
Onte pasamos a xornada cos nosos amigos do CEIP Manzaneda aprendendo moito sobre educación vial. Viñéronos visitar os homes e mulleres de Protección Civil, o camión dos Bombeiros e a Garda Civil.