Novas

Procedemento de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso 2020/2021. SORTEO LETRAS ORDE APELIDOS

Xúntase a Resolución de 26 de febreiro de 2020, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se fai público o resultado do sorteo ao que fai referencia o artigo 29 da Orde do 12 de marzo de 2013.

As letras de prioridade que afectan ao primeiro apelido son as letras "T" e "G"; así mesmo, afectan ao segundo apelido as letras "E" e "X".

 

Anuncio do sorteo público anual das letras de prioridade

 

Resultado do sorteo anual de letras de prioridade no procedemento de admisión

 

RECÓRDASE 

  • Desde o próximo domingo día 1 e ata o 20 de marzo permanecerá aberto o prazo de solicitude de admisión nos centros escolares para o vindeiro curso 2020/21, para todo o alumnado que entra por primeira vez no sistema educativo (maioritariamente en 4º curso de Educación Infantil), así como para aqueles alumnos de Educación Infantil, de Educación Primaria de ESO e de Bacharelato que desexan cambiar de centro escolar sempre que haxa prazas dispoñibles.

    O calendario do procedemento de admisión e matrícula está establecido na Orde de 12 de marzo de 2013, que pode consultarse no enderezo web https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2013/20130315/AnuncioG0164-120313-0006_gl.html.

    Tal como queda reflectido na dita Orde, as solicitudes de admisión poderán presentarse a de xeito telemático a partir do domingo día 1, mentres que de xeito presencial nos centros escolares desde o luns día 2, prazo que permanecerá aberto ata o 20 de marzo.

    Cómpre lembrar que a Consellería de Educación pon á disposición das familias unha ferramenta informática, a aplicación ‘admisionalumnado’ (https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado) que posibilita que os proxenitores cubran a solicitude na aplicación, marquen os criterios do baremo que, chegado o caso, queiran que se lles valoren, e poidan presentala de forma presencial no centro, ou por vía electrónica a través da propia aplicación.

    Deste xeito, garántese o dereito da cidadanía ao acceso electrónico aos servizos públicos, mantendo tamén a posibilidade de presentar esta solicitude de forma presencial.

    Ademais, as familias poderán consultar o estado de tramitación da solicitude nas distintas fases do procedemento utilizando o código que xera a aplicación ao cumprimentar a solicitude, xunto co DNI do proxenitor ou proxenitora asinante.

ADMISIÓN 2020/2021

Anuncio do sorteo público anual das letras de prioridade para resolver os empates no procedemento de admisión de alumnado para o curso 2020/2021

A Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, en cumprimento do previsto no artigo 29 e na disposición adicional primeira da devandita orde, anuncia a celebración do acto público de sorteo no que se extraerán as letras de prioridade do primeiro e segundo apelido, para resolver os empates na puntuación das alumnas e alumnos no proceso de admisión do próximo curso 2020/2021.

  • Día: 26 de febreiro de 2020
  • Hora: 10:30 horas
  • Lugar: Sala de Xuntas B da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional.
  • Edificio Administrativo de San Caetano, bloque 2, 1º andar,
  • Santiago de Compostela.

Anuncio do sorteo público anual das letras de prioridade 2020.2021

ADMISIÓN 2020/2021. XORNADA DE PORTAS ABERTAS

MENÚ COMEDOR ESCOLAR XANEIRO 2020

MENÚ DECEMBRO

MENÚ OUTUBRO