AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE MATERIAL ESCOLAR E LIBROS DE TEXTO. FONDO SOLIDARIO DE LIBROS

 

 

 

O día 21 de maio de 2018 publicouse no DOG a Orde do 9 de maio de 2018 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texo e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria en centros sostidos con fondos públicos

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO

· DESTINATARIOS:

3º e 4º 5º e 6º de E. Primaria no vindeiro 2018/19. 

· REQUISITOS:

o Ter unha renda per cápita familiar igual ou inferior a 5.400€ (6 libros de texto)

o Ter unha renda per cápita familiar superior a 5.400€ e igual ou inferior a 9.000€ (4 libros de texto) o Tutelados pola Xunta de Galicia ou discapacidade igual ou superior ao 65% (6 libros)

o Devolver os libros de texto do curso actual recibidos do fondo solidario.

· A ENTREGA DOS LIBROS para o curso 18/19 comunicarase na circular de fin de curso.

 

AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO

· DESTINATARIOS:

1º e 2º de E. Primaria.

· REQUISITOS:

o Ter unha renda per cápita familiar igual ou inferior a 5.400€: 170€

o Ter unha renda per cápita familiar superior a 5.400€ e igual ou inferior a 9.000€: 90€

o Destinar o importe do vale para libros a adquirir os libros de texto que marque o centro

 

AXUDAS PARA ADQUIRIR MATERIAL ESCOLAR

· As axudas serán solicitadas por: os pais, as nais ou os titores ou os representantes legais do alumnado.

· A solicitude será ÚNICA para TODOS os fillos que estean admitidos no mesmo centro docente para o curso 18/19 e nela especificarase o nivel de estudos que espera realizar cada un deles no dito curso. Cando o alumnado, no momento de presentar a solicitude, aínda non estea admitido en ningún centro docente para o curso 2018/19, deberá presentala no centro en que estivese matriculado no curso 2017/18.

· As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica nos formularios normalizados dispoñibles na aplicación informática Fondolibros (https://www.edu.xunta.gal/fondolibros) a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal. Opcionalmente poderase presentar a solicitude nos centros docentes ou en calquera dos lugares e rexistro establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

· As solicitudes (Anexo I) poderán obterse no centro, nas xefaturas territoriais da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, no portal educativo, enderezo: http://www.edu.xunta.gal, ou na sede electrónica da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal

· A solicitude deberá ser asinada polo pai, nai ou titor/a do alumnado e a súa presentación implicará que acepta as bases da convocatoria, cumpre os requisitos esixidos nela e que son certos os datos indicados na solicitude; así mesmo, que se compromete a conservar en bo estado e a devolver ao finalizar o curso os libros de texto recibidos do fondo solidario.

· O prazo de presentación de solicitudes rematará o día 4 de xuño de 2018, este incluído.

 

ACCESO A TODA A INFORMACIÓN

http://www.edu.xunta.gal/portal/fondolibros

 

INSTANCIA  https://sede.xunta.gal/doc-invia/rest/anexos/35322

 

INFORMACIÓN DO CENTRO

https://www.dropbox.com/s/28jn65inimelr6i/INFORMACI%C3%93N%20FAMILIAS%202018.20180522171917.pdf?dl=0&raw=1

 

LISTAXES DEFINITIVAS DE ADMITIDOS/AS E NON ADMITIDOS/AS PARA O CURSO ESCOLAR 2018/19

 

                                             

 

 

LISTAXES DEFINITIVAS PAROBADAS NO CONSELLO ESCOLAR DE VENRES 11 DE MAIO DE 2018

 

 

LISTAXES PROVISIONAIS DE ADMITIDOS/AS E NON ADMITIDOS/AS PARA O CURSO ESCOLAR 2018/19

 

 

                                                                                                      

 

 

Listaxes aprobadas no Consello Escolar de 23 de abril de 2018.

 

De acordo co artigo 30.3 da Orde do 12 de marzo de 2013, DOG do 15 de marzo, contra esta relación, as persoas interesadas poderán formular reclamación ante o Consello Escolar, no prazo de 5 días hábiles contados a partir do día seguinte ao da súa publicación.

PRAZOS DE RECOLLIDA DE DOCUMENTACIÓN ACREDITATIVA DOS CRITERIOS BAREMABELS

Segundo se recolle na Orde de 12 de marzo de 2013 (modificada)  e nas Instrucións da Dirección Xeral, os centros deben recoller a documentación acreditativa dos criterios do baremo (se procede) nun prazo de 10 días hábiles (di hábiles, non di lectivos) contados a partir dos dous días seguintes ao remate do prazo para presentar as solicitudes de admisión. É dicir, desde o 22 de marzo ata o 6 de abril ámbolos dous incluídos; coa Semana Santa no medio, que son periodos vacacionais (non lectivos) para os centros.

Segundo se establece na norma, a documentación preséntase de forma presencial no centro (salvo as circunstancias acreditadas automáticamente segundo o establecido no artigo 14bis da Orde de 12-3-13 (modificada).

O HORARIO DE ATENCIÓN NA ADMINISTACIÓN DO CENTRO É:

luns  de 8:30h a 14:00h e de 16:00h a 18:00h

De martes a venres de 8:30h a 14:30h

PRAZOS DE RECOLLIDA DE DOCUMENTACIÓN ACREDITATIVA DOS CRITERIOS BAREMABELS

RESULTADO DO SORTEO ANUAL DE LETRAS DE PRIORIDADE PARA RESOLVER OS EMPATES NO PROCEDEMENTO DE ADMISIÓN DE ALUMNADO PARA O CURSO 2018/2019

 

RESULTADO DO SORTEO ANUAL DE LETRAS DE PRIORIDADE PARA RESOLVER OS EMPATES NO PROCEDEMENTO DE ADMISIÓN DE ALUMNADO PARA O CURSO 2018/2019

 

Recordamo que esde o xoves día 1 e ata o 20 de marzo permanecerá aberto o prazo de solicitude de admisión nos centros escolares para o vindeiro curso 2018/19.

ADMISIÓN CURSO 2018/19

  

 

 

 

Xúntase a Orde do 25 de xaneiro de 2017 pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

Os prazos de presentencion de solicitudes de reserva de praza e de admisión para o próximo curso 2018/2019, serán os seguintes:

  • Reserva de praza en centros de adscrición: do 1 ao 15 de febreiro de 2018, ambos incluídos
  • Solicitude de admisión en centros sostidos con fondos públicos: do 1 ao 20 de marzo de 2018, ambos incluídos
 

A solicitude de posto escolar será única e presentarase no centro no que a/o solicitante pretende ser admitido ou na sede electrónica a través da aplicación (https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/ 

 

01. CALENDARIO ADMISIÓN CURSO 2018-19

02. VACANTES CURSO 2018.19

03. INFORMACIÓN BAREMO ADMISIÓN ALUMNADO  E DOCUMENTACIÓN A APORTAR

04. ZONIFICACIÓN ESCOLAR CULLEREDO 2018

05. Solicitude admisión curso 17.18 PARA O NOSO CENTRO

 

LEXISLACIÓN APLICABLE

- Decreto 254/2012, do 13 de decembro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten as ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (DOG nº 245, do 26 de decembro).

- Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (DOG nº 53, do 15 de marzo).

 

 

LISTAXES DE SOLICITUDES DE FONDO LIBROS ADMITIDAS E EXCLUÍDAS

Premendo nas imaxes inferiores, accédese ás listaxes de solicitudes admitidas e excluídas para o préstamo de libros do programa FONDOLIBROS. Aparece o número de libros adxudicados a cada alumno e alumna. Na listaxe definitiva, que se publicará o 21 de xullo, xa se especifica cales son os libros que se lle adxudican a cada quen, e que se recollerán o 5 e 6 de setembro. O prazo de reclamacións abrangue dende o 14 ata o 20 do presente mes.

                                       

DATAS IMPORTANTES CURSO 2017/18