Convocatoria do fondo solidario de libros de texto e axudas para libros de texto e material escolar para o alumnado de primaria e educación especial para o curso escolar 2020/2021

Orde do 12 de maio de 2020 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2020/21 (código de procedemento ED330B).

  • O prazo para presentar as solicitudes iniciarase o día seguinte ao da publicación des-ta orde no Diario Oficial de Galicia e rematará o día 19 de xuño de 2020 incluído
     
  • DESCARGAR SOLICITUDE  ANEXO I    e   ANEXO II

Orde do 12 de maio de 2020 (DOG)Extracto da Orde do 12 de maio de 2020 (DOG)

 

A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional abre o prazo para que as familias soliciten a súa participación no Fondo Solidario de Libros de Texto, ou ben as axudas para a adquisición de libros de texto, e de vales para material escolar destinadas ao alumnado matriculado en Educación Primaria, ESO e Educación Especial en centros sostidos con fondos públicos, para o vindeiro curso escolar 2020/21.

 

O prazo para presentar as solicitudes permanecerá aberto dende o 20 de maio ata o próximo día 19 de xuño, tal como establece a convocatoria que pode consultarse no Diario Oficial de Galicia de hoxe.

Axudas á compra

As axudas da consellería para a compra de libros están dirixidas ao alumnado matriculado en 1º e 2º de Educación Primaria, e ao alumnado matriculado en Educación Especial e ao alumnado cunha discapacidade igual ou superior ao 65%.

.Os requisitos de renda e as contías das axudas quedan do seguinte xeito:

Educación Primaria:

      • Renda per cápita familiar igual ou inferior a 6.000 euros:  210 euros 
      • Renda per cápita familiar superior a 6.000,01 e igual ou inferior a 10.000 euros: 140 euros 

Así mesmo, no caso do alumnado matriculado en educación especial, en centros específicos ou en unidades de educación especial en centros ordinarios, así como o que presente unha discapacidade igual ou superior ao 65%, que solicite a axuda e que cumpra os requisitos recibirá un importe de 275 euros , con independencia da renda per cápita familiar.

Ademais, o alumnado de 1º e 2 de Primaria que se encontre en situación de garda ou tutela da Xunta de Galicia recibirá a axuda máxima  e non terá que acreditar os datos da unidade familiar nin o nivel de renda.

Fondo solidario

No Fondo solidario de libros SOLAMENTE pode participar o alumnado matriculado en 3º, 4º,  de primaria, xa que 5º e 6º ten EDIXGAL. A asignación de libros de texto farase, ao igual que cursos anteriores, por orde inversa á renda per cápita da unidade familiar. En calquera caso, terá preferencia o alumnado en situación de garda ou tutela da Xunta ou cunha discapacidade igual ou superior ao 65%, con independencia da súa renda familiar.

 

Cómpre lembrar que será requisito fundamental para acceder ao fondo solidario ou recibir as axudas para libros ou material escolar ter devolto os libros dos cursos anteriores.

Axudas para material escolar

O destinatario das axudas para material escolar é todo o alumnado matriculado en educación primaria cunha renda per cápita familiar igual ou inferior a 6.000 euros 

O alumnado en situación de garda ou tutela da Xunta de Galicia, o alumnado de educación especial ou cunha discapacidade igual ou superior ao 65% será beneficiario desta axuda con independencia da renda.

Trámites por vía telemática

As  solicitudes poderán presentarse por vía electrónica (preferentemente) empregando a aplicación informática “fondolibros” (https://www.edu.xunta.es/fondolibros) a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal, ou ben presencialmente nos propios centros docentes, así como en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo.

 

DATAS IMPORTANTES:

Prazo de presentación solicitudes:    20/05/2020 - 19/06/2020

Devolución LIBROS 3º e 4º de Primaria: 18 e 19 de xuño

3º EDUCACIÓN PRIMARIA O XOVES 18 DE XUÑO

4º EDUCACIÓN PRIMARIA O VENRES 19 DE XUÑO

AS TITORAS DOS GRUPOS CONVOCORÁN A CADA ALUMNO/A A UNHA HORA DETERMINADA

Publicación LISTAS PROVISIONAIS:   10/07/2020

Prazo de reclamación:  13 e 14 de xullo

Publicación LISTAS DEFINITIVAS:   20/07/2020

ENTREGA DE CHEQUES LIBROS DE TEXTO E  VALES MATERIAL ESCOLAR:

1º Educación Primaria....... martes 21 de xullo  de 9:00h a 13:00h

2º Educación Primaria....... mércores 22 de xullo  de 9:00h a 13:00h

3º Educación Primaria....... xoves 23 de xullo  de 9:00h a 13:00h

4º Educación Primaria....... luns 27 de xullo  de 9:00h a 13:00h

5º e 6º Educación Primaria....... martes 28 de xullo  de 9:00h a 13:00h

 

Comunicarase, a través da plataforma abalarmobil e publicarase na web do centro, as datas de entrega dos libros de texto de 3º e 4º de primaria, que terán lugar no mes de setembro.

 PARA MÁIS INFORMACIÓN CLICA AQUÍ