PARTICIPACIÓN NO FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR

 

AXUDAS PARA ADQUISICIÓN DE MATERIAL ESCOLAR E LIBROS DE TEXTO de E. Primaria para o curso 19/20: · Fondo de libros: 3º, 4º, 5º e 6º

· Axudas libros: 1º e 2º Orde do 3 de maio de 2019 (DOG do 20 de maio).

ORDE do 3 de maio de 2019 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos, para o curso escolar 2019/20 (código de procedemento ED330B).

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO

· DESTINATARIOS: 3º e 4º de E. Primaria. (5º e 6º están exentos por ser un centro E-DIXGAL)

· REQUISITOS:

o Ter unha renda per cápita familiar igual ou inferior a 5.400€ (6 libros de texto)

o Ter unha renda per cápita familiar superior a 5.400€ e igual ou inferior a 9.000€ (4 libros de texto)

o Tutelados pola Xunta de Galicia ou discapacidade igual ou superior ao 65% (6 libros)

o Devolver os libros de texto do curso actual recibidos do fondo solidario.

· A ENTREGA DOS LIBROS para o curso 19/20 realizarase do 15 ao 26 de xullo  na administración do centro.

AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO

· DESTINATARIOS: 1º e 2º de E. Primaria.

· REQUISITOS:

o Ter unha renda per cápita familiar igual ou inferior a 5.400€: 170€

o Ter unha renda per cápita familiar superior a 5.400€ e igual ou inferior a 9.000€: 90€

o Destinar o importe do vale para libros a adquirir os libros de texto que marque o centro

AXUDAS PARA ADQUIRIR MATERIAL ESCOLAR

· DESTINATARIOS: 1º, 2º, 3º, 4º, 5º E 6º de E. Primaria.

· REQUISITOS:

o Ter unha renda per cápita familiar igual ou inferior a 5.400€: 50€

o Tutelados pola Xunta de Galicia ou discapacidade igual ou superior ao 65%: 50€

o Destinar o importe do vale para material a adquirir o material escolar que necesite.

SOLICITUDES

· As axudas serán solicitadas por: os pais, as nais ou os titores ou os representantes legais do alumnado.

· A solicitude será ÚNICA para TODOS os fillos que estean admitidos no mesmo centro docente para o curso 19/20 e nela especificarase o nivel de estudos que espera realizar cada un deles no dito curso. Cando o alumnado, no momento de presentar a solicitude, aínda non estea admitido en ningún centro docente para o curso 2019/20, deberá presentala no centro en que estivese matriculado no curso 2018/19.

· As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica nos formularios normalizados dispoñibles na aplicación informática “fondolibros” (https://www.edu.xunta.es/fondolibros/) a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal. Opcionalmente poderase presentar a solicitude nos centros docentes ou en calquera dos lugares e rexistro establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

· As solicitudes (Anexo I) poderán obterse no centro, nas xefaturas territoriais da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria  ou na sede electrónica da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal

· A solicitude deberá ser asinada polo pai, nai ou titor/a do alumnado e a súa presentación implicará que acepta as bases da convocatoria, cumpre os requisitos esixidos nela e que son certos os datos indicados na solicitude; así mesmo, que se compromete a conservar en bo estado e a devolver ao finalizar o curso os libros de texto recibidos do fondo solidario.

· O prazo de presentación de solicitudes rematará o día 21 de xuño de 2019, este incluído.

DOCUMENTACIÓN

Xunto coa solicitude (anexo I), presentarase a seguinte documentación:

a) Anexo II (comprobación de datos dos membros computables da unidade familiar)

b) Copia do libro de familia no que figuren todos os membros da unidade familiar. No caso de non ter libro de familia, ou se a situación familiar, a día 31 de decembro de 2017, non coincide coa reflectida no libro, terá que presentarse documento ou documentos acreditativos do número de membros da unidade familiar, tales como:

· Sentenza xudicial de separación ou divorcio e/ou o convenio regulador onde conste a custodia do causante.

· Certificado ou volante de convivencia.

· Informe dos servizos sociais ou órgano equivalente do concello de residencia, que acredite a situación familiar.

c) Certificado do grao de discapacidade do/da alumno/a ou calquera membro da familia recoñecido por un órgano que non pertenza á Xunta de Galicia.

d) No caso de situación de violencia de xénero no contorno familiar: documentación acreditativa.

e) Resolución xudicial de incapacitación con patria potestade prorrogada ou rehabilitada.

f) Resolución administrativa ou xudicial acreditativa da situación de acollemento ou do certificado do centro de menores, para o alumnado en situación de tutela ou garda da Xunta de Galicia.

g) Certificado de convivencia, volante de convivencia ou informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia, no caso de que o pai e a nai ou o titor/a carezan de DNI e NIE.

3. A documentación que se achegue deberá ter validez no momento da presentación da solicitude e reflectir a situación persoal, familiar e económica en 31 de decembro de 2017, agás no caso de violencia de xénero.

4. O centro educativo poderá requirir das persoas solicitantes, en calquera momento, aclaración da documentación presentada.

LISTAXES FONDO SOLIDARIO DE LIBROS

A relación provisional de solicitudes admitidas e excluídas publicarase no taboleiro de anuncios e na páxina web do centro o día 5 de xullo de 2019.

· As persoas interesadas poderán formular reclamación no centro os días 8 e 9 de xullo de 2019.

· A relación definitiva publicarase o 12 de xullo de 2019

ENTREGA DE VALES

· Os vales para a adquisición de material DE TODOS OS CURSOS  e para os libros de texto de 1º e 2º, entregaranse DO 15 AO 26  día  xullo de 2019

ASPECTOS IMPORTANTES

· Como calcular a renda per cápita familiar?

- Renda per cápita da unidade familiar: renda da unidade familiar do exercicio fiscal 2017 dividido entre o número de membros computables.

 - Computarán por dous os membros que acrediten unha discapacidade igual ou superior ao 33% ou a percepción dunha pensión da Seguridade Social por incapacidade permanente nos graos de total, absoluta ou gran invalidez ou a equivalente de clases pasivas.

- A renda da unidade familiar será o resultado de sumar as rendas de cada un dos membros computables da familia que obteñan ingresos de calquera natureza, de conformidade coa normativa reguladora do imposto sobre a renda das persoas físicas. Na declaración do imposto sobre a renda das persoas físicas no exercicio fiscal 2017, sumaranse a base impoñible xeral (recadro 415) e a base impoñible do aforro (recadro 435); cando non se presentase, teranse en conta os ingresos de acordo cos datos tributarios facilitados, no certificado de imputacións de renda, pola Axencia Estatal de Administración Tributaria.

- As persoas que non residiran en España no ano 2017 deberán acreditar os seus ingresos no país de orixe mediante nóminas, xustificantes de pensión, xustificantes de rendementos bancarios ou calquera outro documento acreditativo. No caso de carecer desta documentación ou se non obtiveran ingresos deberán presentar unha declaración responsable dos ingresos da unidade familiar.

- Nos casos de violencia de xénero non se terán en conta os ingresos do agresor para determinar a renda per cápita da unidade familiar

· Membros computables da unidade familiar a 31 de decembro de 2017

a) Os pais non separados legalmente nin divorciados ou, de ser o caso, o titor ou titores do alumnado.

b) Os/as fillos/as menores de idade con excepción dos emancipados.

c) Os/as fillos/as maiores de idade discapacitados ou incapacitados xudicialmente suxeitos á patria potestade prorrogada ou rehabilitada.

d) Os/as fillos/as solteiros menores de 25 anos e que convivan no domicilio familiar.

e) A persoa proxenitora separada legalmente ou divorciada, cando haxa custodia compartida.

f) A persoa que, por novo matrimonio ou por convivencia en situación de unión de feito ou análoga, viva no domicilio familiar coa persoa proxenitora do alumnado.

Cando non exista vínculo matrimonial, a unidade familiar entenderase constituída polo pai, a nai e todos os descendentes que convivan con eles e que reúnan os requisitos do punto anterior.

Non terá a consideración de membro computable:

a) A persoa proxenitora que non conviva co alumnado nos casos de separación legal ou divorcio, agás no caso de custodia compartida.

b) O agresor nos casos de violencia de xénero.

En todo caso, terase en conta a situación persoal e a composición da unidade familiar a 31 de decembro de 2017, agás no relativo á violencia de xénero que se aplicará o disposto na lexislación específica.

Todas as situacións que se acrediten deben cumprirse a 31 de decembro de 2017

PÓDENSE RECOLLER OS IMPRESOS NA ADMINISTRACIÓN DO CENTRO

 

PRAZOS IMPORTANTES:

 

Entrega de solicitudes: dende hoxe ata o 21 de xuño, ambos os dous incluídos.

Devolución de libros de texto prestados  do FONDO LIBROS: 17 e 18 de xuño.

LISTAS PROVISIONAIS: 5 de xullo.

PRAZO DE RECLAMACIÓNS: 8 e 9 de xullo

LISTAS DEFINITIVAS: 12 de xullo.

 

A ENTREGA DE VALES DE AXUDA DE MATERIAL ESCOLAR E LIBROS DE TEXTO SERÁ DO 15 AO 26 DE XULLO na administración do centro.