SOLICITUDE PRAZA CURSO 2019-20

 

Desde o venres día 1 e ata o 20 de marzo permanecerá aberto o prazo de solicitude de admisión nos centros escolares para o vindeiro curso 2019/20, para todo o alumnado que entra por primeira vez no sistema educativo (maioritariamente en 4º curso de Educación Infantil), así como para aqueles/as alumnos/as de Educación Infantil, de Educación Primaria de ESO e de Bacharelato que desexan cambiar de centro escolar, sempre que haxa prazas dispoñibles.

O calendario do procedemento de admisión e matrícula está establecido na Orde de 12 de marzo de 2013, que pode consultarse no DOG.

Tal como queda reflectido na dita Orde, a solicitude de admisión poderase presentar ata o 20 de marzo. Para tal fin, os proxenitores dispoñen dunha ferramenta informática a través da cal, se así o desexan, poderán cumprimentar e presentar as solicitudes de escolarización. Deste xeito, garántese o dereito da cidadanía ao acceso electrónico aos servizos públicos, mantendo tamén a posibilidade de presentar esta solicitude de forma presencial.

A aplicación ‘admisionalumnado’ (https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado) posibilita que as familias cubran a solicitude na aplicación, marquen os criterios do baremo que, chegado o caso, queiran que se lles valoren, e poidan presentala de forma presencial no centro, ou por vía electrónica a través da propia aplicación.

Ademais, as familias poderán consultar o estado de tramitación da solicitude nas distintas fases do procedemento utilizando o código que xera a aplicación ao cumprimentar a solicitude, xunto co DNI do/a proxenitor/a asinante.

Xúntase a seguinte documentación referida ao procedemento:

01.  

SOLICITUDE GALEGO

03.  

VACANTES-CEIP ISAAC DIAZ PARDO 19.20

04.  

 INFORMACIÓN BAREMO ADMISIÓN ALUMNADO

05.  

DATAS IMPORTANTES PROCESO ADMISIÓN

06.  

ZONIFICACIÓN ESCOLAR CULLEREDO 2018

07.  

IPREM PARA ADMISIÓN 2019.20 correspondente aoS INGRESOS do ano 2017

08.  

Resolucion_resultado_sorteo_anual_letras_admision_2019-2020

 

09.  

Triptico BENVIDOS AO CENTRO 2019-20

 

 

Normativa de aplicación

  •  DECRETO 254/2012, de 13 de diciembre, por el que se regula la admisión de alumnado en centros docentes sostenidos con fondos públicos que imparten las enseñanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obligatoria y de bachillerato reguladas en la Ley orgánica 2/2006, de 3 de mayo, de educación.

  • ORDEN de 12 de marzo de 2013 por la que se desarrolla el procedimiento para la admisión del alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan enseñanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obligatoria y de bachillerato reguladas en la Ley orgánica 2/2006, de 3 de mayo, de educación.

  • ORDEN de 25 de enero de 2017 por la que se modifica la Orden de 12 de marzo de 2013 por la que se desarrolla el procedimiento para la admisión del alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan enseñanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obligatoria y de bachillerato reguladas en la Ley orgánica 2/2006, de 3 de mayo, de educación.