COMEDOR ESCOLAR CURSO 2016/17

Unha vez resoltas as reclamacións e incluídas as solicitudes de fóra de prazo COMUNÍCASE que está admitido no COMEDOR ESCOLAR todo o alumnado que o solicitou.

INFÓRMASE  QUE En cumprimento do DECRETO 132/2013, do 1 de agosto, polo que se regulan os comedores escolares dos centros docentes públicos non universitarios dependentes da consellería con competencias en materia de educación  e da Instrucción 2/2016, da SXT da Consellería de Cultura, Educación e O.U., do 30 de maio, sobre funcionamento dos comedores escolares de xestión indirecta no curso escolar 2016/17 as familias dos comensais admitidos deben entregar antes do 13/09/2016, na secretaría do centro o impreso de autodeclaración de prezos públicos cuberto na súa totalidade para poder determinar a contía da tarifa que lles corresponde aboar.