Opcións de matriculación


 IMAGEN ORIENTACIÓN

BENVIDOS E BENVIDAS A AULA VIRTUAL DO DEPARTMENTO DE ORIENTACIÓN

Como ben sabedes a crise sanitaria da covid-19 sitúa ao conxunto da comunidade educativa ante un inédito marco de actuación, con diferentes escenarios posibles en función da situación sanitaria.

                 

O PROTOCOLO DE ADAPTACIÓN AO CONTEXTO DA COVID 19 nos centros de ensino non universitario de GALICIA para o curso 2020-2021 establece o ensino virtual como recurso en caso de corentena ou confinamento total que permitirá continuar co proceso formativo do alumnado ante estas ou outras eventualidades derivadas da actual crise sanitaria.

 

Como orientadora do centro cumpre realizar as función establecidas no artigo 6 do Decreto 120/1998 do 29 de abril, empregando as diferentes ferramentas dixitais, ademáis de velar polo cumprimento do Plan Xeral de Atención á Diversidade que leva  a cabo  profesorado adscrito ao departamento de orientación: Mestras de Pedagoxía Terapéutica e mestras de Audición e Linguaxe.

 

Ditas mestras dispoñen de aulas virtuais das súas respectivas especialidades, que aínda que figuran vinculadas a este departamento, contan tamén con acceso directo na aula virtual do centro, para facilitar o traballo do alumnado, profesorado e familias.

 

Para facilitar á atención que poida necesitar calqueira membro da comunidade educativa, que se realizará por medios telemáticos, dada a situación actual, podedes facelo a través do correo do centro: ceip.diaz.pardo@edu.xunta.es , indicando no ASUNTO: A/a Departamento de Orientación.

 

 PICTOGRAMA ORIENTADORA 

Os convidados non poden acceder a este curso, tente acceder.