Este curso está concebido para dunha maneira rápida e sinxela ter unha perspectiva global de cales son as ferramentas informáticas básicas para desenrolar a labor da titoría virtual no contexto COVID. Aínda que non sexa obligatorio, é moi recomendable a súa realización por parte de todos os mestres e mestras titores dos cursos 1º, 2º e 3º, dado que a partires de 4º curso o centro emprega fundamentalmente E-dixgal.

Entre os contidos que van desenvolverse inclúense os relativos ás ferramentas de comunicación coas familias, o emprego da Aula Virtual do Colexio para a exposición de contidos e a avaliación e a creación específica de recursos dixitais.