Esquema semanal

  • 14 de Outubro - 20 de Outubro

    O pasado outono dúas mestras desde centro, Toña Callón (mestra de Inglés) e Pilar Vidal (mestra de Infantil) participamos na convocatoria de prazas destinadas ao profesorado para a realización de itinerarios formativos para a mellora da súa competencia lingüística e comunicativa relativos ao Programa Integral de Aprendizaxe de Linguas Estranxeiras (PIALE)*. Na modalidade de Integración, en Canadá. 

    *Este programa ten como obxetivo potenciar contidos e aspectos lingüísticos xa adquiridos, que promovan o avance na consolidación e adquisición de niveis de competencia lingüística superior e se teña a ocasión de aplicar no propio contexto todo o adquirido, fomentando o carácter cooperativo entre as persoas participantes.

    Primeira semana

    Despois de case 24 horas de viaxe (facendo escala en Madrid e Toronto) chegamos a Ottawa o 14 de outubro pola tarde.

    Aeroporto de Toronto

    O día seguinte os organizadores/as nos tiñan preparada unha excursión para tod@s profesores/as participantes no programa ao "Omega Park" un parque natural (tipo Carbárceno) para coñecer a flora e fauna do país e poder interaccionar con todo o grupo. Foi unha experiencia moi enriquecedora.

     

    Omega Park

    O resto da semana recibimos formación no centro OCDSB (Ottawa-Carlenton District School Board), no 440 de Albert Street, un lugar de referencia para o profesorado e alumnado estranxeiro.

     

    OCDSB

    Alí nos deron información relativa tanto ás familias de acollida, ás escolas e sobre o programa, como en relación ao país, a cidade e a cultura canadiense e, sobre todo ao seu sistema educativo.

    Sobre Canadá se nos falou sobre que se trata de unha monarquía parlamentaria federal que conta con 10 provincias, 3 territorios.

    Aspectos detacables e transferibles do Sistema Educativo canadense:

    En Canadá o Sistema Educativo se centra máis no proceso de facer as tarefas e menos na necesidade de que os alumnos/as memoricen datos. Buscan tamén que os/as alumnos/as sexan moito máis autónomos no seu proceso de aprendizaxe.

    Canadá ten tantos sistemas educativos como provincias. Una provincia podería ser o equivalente a unha Comunidade Autónoma, pero ten competencias plenas en Educación.

    A provincia de Ontario prézase de ter o mellor sistema educativo de Canadá. Nesta provincia hai 76 consellos escolares de distrito que dirixen ás escolas. Tamén existen 7 autoridades públicas que dirixen centros de educación especiais.  

    En Ottawa, a capital, existen diferentes centros de ensino: público, privado, concertado, relixioso, etc. A rede de centros máis importante é a OCDSB (Ottawa-Carleton District School Board).
    Son líderes en creación e avaliación de prácticas inclusivas, ensino e aprendizaxe de linguas, educación especial e asesoramento educativo internacional. Tamén levan a cabo proxectos internacionais a través da OIPE (Ottawa International Projects and Exchanges), como é o caso do noso programa PIALE. O seu lema para o ensino bilingüe e internacional é que todos os profesores son profesores de inglés.

    En Ottawa o centro OCDSB está en 440 de Albert Street, lugar de referencia do profesorado e alumnado estranxeiro, e onde recibimos a información sobre ás escolas e o programa, así como en relación ao país, a cidade e a cultura canadense e, sobre todo ao seu sistema educativo.

    En Ontario, desde o 2015 ata o 2019 están desenvolvendo un plan educativo estratéxico construído e formulado arredor de 5 áreas prioritarias:

    - LEARNING : Aprendizaxe.
    - WELL-BEING: Benestar físico, emocional e social do alumnado.
    - EQUITY: Igualdade de oportunidades para todos/as os/as estudantes.
    - ENGAGEMENT: Compromiso de toda a comunidade educativa, con un gran apoio social.
    - STEWARDSHIP: Administración e Centros Educativos coordinados para tomar decisións   adecuadas en diferentes situacións.


    Os obxectivos xerais son:
    - Acadar o máximo rendemento individual, en vez de alcanzar obxectivos xerais colectivos.
    - Evitar o abandono escolar.
    - Lograr plena inserción social e a igualdade.
    - Destacar a importancia do respecto polo individuo e polo grupo.

           

    Moedas canadienses               OCDSB                         Escolas Primaria                     Horario tipo escola Primaria

    • 21 de Outubro - 27 de Outubro

      Integración nas escolas

      Cada unha de nós viviu una experiencia diferente en relación ás escolas onde nos integramos, xa que cada centro ten as súas características e peculiaridades en relación o seu tamaño, situación, nivel socioeconómico das familias...

      No caso da ¨Carson Grove Elementary School¨ trátase dunha escola especial por ser acolledora de gran número de nenos e nenas sirios refuxiados de guerra e día de hoxe superan o centenar. O profesorado foi formado especialmente para poder estar preparado para atender as necesidades básicas deste alumnado. Contan cunha Vice-principal de nacionalidade siria e cunha ¨multicultural liason officer¨ para axudar nas labores de comunicación con este alumnado. Tamén é salientable dicir que o edificio da escola é bastante especial porque non ten paredes de separación entre as aulas e tampouco demasiadas fiestras para evitar distraccións. Este modelo utilizouse no pasado pero xa está superado e quedan moi poucos centros desas características.

      No caso do “Viscount Alexander Public School”, trátase dun pequeno centro de Primaria con pouco máis de 100 alumnos/as que ofrece educación desde los 3 años (Junior Kidergarten) hasta los 11 años (Grade 6). Está situado nunha zona un tanto desfavorecida da cidade de Ottawa, onde predominan familias de clase baixa, con problemas sociais e incluso de drogadicción. Isto se reflicte no tipo de alumnado do centro (na súa maioría inmigrantes e de familias desfavorecidas) e nos recursos cos que conta a escola (menos do que soe ser o habitual). Aínda así, en comparación con moitos centros do noso contexto ten tantos ou máis recursos que moitas das nosas escolas.

      Aspectos destacables e transferibles da organización dos centros canadenses.

      No que se refire á organización dos centros canadenses en moitos aspectos é semellante á dos nosos, pero existen diferenzas que creemos son destacables e poderían ser facilmente transferibles ás nosas escolas:
      - As funcións directivas e da biblioteca están profesionalizadas, así, os membros dos equipos non teñen docencia e hai unha persoa encargada única e exclusivamente da biblioteca. Esto, na nosa opinión facilita moito o traballo nestes ámbitos e a dispoñibilidade destas persoas durante todo o horario escolar. Así, por exemplo, ao permanecer a biblioteca aberta durante toda a xornada escolar, calquera alumno/a podía saír da aula e facer uso deste espazo.
      -  A comunidade escolar está moi presente nos centros. Os pais/nais participan en diferentes actividades dentro da escola (por exemplo, traendo froita e verdura que preparan e reparten entre os alumnos/as na hora do xantar). Tamén hai moitos voluntarios que axudan ós mestres/as dentro da aula, este apoio é moi importante para eles/as. Nas clases é moi común ver a máis dun adulto facéndose cargo de cada grupo, polo que se facilita o poder atender de xeito máis individualizado os alumnos/as.
      - Os centros contan con megafonía, o que resulta moi útil á hora de dar avisos e anunciar acontecementos que terán lugar ao longo da xornada. Por outra banda, moitas veces son os propios alumnos/as os encargados/as de dar estas noticias (en inglés e francés) polo que para eles/as resulta unha boa experiencia en comunicación pública. Esta megafonía usase tamén para que toda a escola escoite o himno nacional, que cantan todas as mañas antes de comezar as clases.
      - As aulas son moi grandes e espazosas e están, en xeral, ben equipadas, tanto con material tecnolóxico (portátiles, pantalla dixital, proxector,
      Ipads) como doutro tipo (libros, cadernos, xogos...).
      - Todas as aulas teñen un teléfono, o que facilita a comunicación xa que o profesor/a non ten que saír da aula para facer unha chamada urxente ou para que lle dean un recado.
      - En Infantil, ao contar con aulas enormes teñen moi ben diferenciados os espazos (entrada, almacén, baños...) e os recunchos (xogo simbólico, arte, ciencia, lectura...). Na entrada cada neno/a ten a súa propia estantería con varias baldas (para a roupa, os zapatos, unha manta, a comida, etc.).
      - No horario teñen tres bloques de aprendizaxe e dúas sesións de comida e descanso cada día. As rutinas (entrada, himno, sesións, comidas, descansos...) son iguais todos os días, o que facilita o traballo e a organización dos tempos, así como a adquisición de hábitos. Cada día teñen unha sesión de francés á mesma hora, e é a mestra/e desta materia a que vai a aula, polo que non perden tempo en desprazamentos.
      - Nas horas de comida son alumnos/as de cursos superiores os encargados/as de vixiar e acompañar os máis pequenos/as na súa aula mentres comen. Cada día hai un ou algúns profesores/as encargados/as de supervisar todas as aulas neses momentos.

      Biblio  

      Biblioteca          Teléfono aula de Primaria                          Aula de Infantil                          Horario

      • 28 de Outubro - 3 de Novembro

        • 4 de Novembro - 10 de Novembro

          Outros aspectos destacables e transferibles:


          - Nos corredores contan con fontes de auga que levan un contador dixital que informa da cantidade de botellas de plástico que se aforran ao usar estas fontes, polo que son máis sostibles.

            


          - O uso de perfumes e outras sustancias químicas, tan habituais nos nosos centros, están prohibidas debido aos problemas de alerxias. O mesmo ocorre cos cacahuetes.

          - Nas escolas en xeral predomina o silencio, tanto nas aulas coma nos corredores. Todo o mundo soe falar en un ton de voz moi baixiño e con moito respecto e educación.

          - Se traballa moito o tema do acoso e a convivencia.