Carreira Escornasilábica

En primeiro de primaria as mestras de Audición e linguaxe desenvolvemos un programa de prevención de dificultades na lectoescritura chamado: Concienciación fonolóxica. Aproveitamos estes pequenos robots para organizar actividades relacionadas con este programa. "A carreira escornasilábica" foi a primeira. O obxectivo é que os/as nenos/as identifiquen o número de sílabas dunha palabra. Fixemos dous grupos na aula e a cada neno/a deúselle unha fotografía. Cada grupo, dispostas as súas mesas en ringleira, tiña un escornabot para facer a carreira. Comezabamos nun extremo da mesa e o robot tiña que avanzar ata chegar á outra punta que sería a meta. Os robots podían realizar tantos avances como sílabas tiña a palabra da fotografía. Por quendas cada neno/a dicia en voz alta a súa palabra e programaba o escornabot en tantos avances como sílabas tivera.  Se cometian un erro as sílabas descontaban e o robot tiña que retroceder.

Despois, por parellas, tiñan que debuxar cousas que completaran o camiño dun escornabot, para o cal tiñan que ter en conta o número de casiñas e o número de sílabs dos seus debuxos.

Os rapaces disfrutaron desta actividade e pedíronnos que  volveramos  levar aos pequenos robots nas próximas sesións.

Última modificación: Domingo, 8 de Outubro de 2017, 16:13