Skip to Content

V Xornadas cos nosos maiores

     O venres 13 de maio, celebramos as "V Xornadas de convivencia cos nosos maiores", coincidindo, como vén sendo habitual, co´día das Letras Galegas.

     Nesta ocasión, os avós e avoas viñeron comentarnos fotos antigas de Louro. Con todas as fotos que as familias e outras fontes aportaron, puidemos elaborar unha presentación para que os "noso maiores" nos foran comentando todo o que esas fotos nos mostraban: costumes, xogos e xoguetes, traballos no campo, vestiario, festas e celebracións,...

     Tamén disfrutamos todos xuntos, pais, nais, avós, avoas, profes, nenos e nenas dos contos de Celso Sanmartín.

     Despois dalgúns xogos populares, o xantar esperábanos impaciente e foron membros da ANPA os que nos serviron como se foramos verdadeiros reis e raíñas. Moitas grazas!!

     Tratándose do día que era, non podía faltar a parte literaria e por iso, todos os cursos fomos recitando as poesías que Ana Mª Fernández nos deixou no seu libro "A casa de érase unha vez". Estabamos dispostos e dispostas a salvar este libro gardándoo a bo recaudo na nosa memoria e así colaborar a salvagardar o noso patrimonio literario galego. Esto o fixemos en moitas bibliotecas escolares galegas co que temos a esperanza de haber salvado moitos libros galegos.

     Se queredes ver as fotos do ben que o pasamos podedes velas aquí

 

ou ir aos seguintes enlaces:

Celso Sanmartín                           Recital poético

     O noso agradecementos a todos os que dun xeito ou doutro nos axudaron a reunir as fotos: familias, páxina web de Louro, Humberto Caamaño París, ...  Grazas por faciliarnos o traballo!!

 



page | by Dr. Radut