Distribución de máscaras - alumnado de primaria
O venres publicouse no DOG a orde do 6 de novembro de 2020 pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en educación primaria.
Alumnado destinatario:
a) Non ten que presentar solicitude:
O alumnado benefciario da axuda de material escolar no curso 2020-2021.
b) Ten que presentar solicitude:
O alumnado que non foi benefciario da axuda de material escolar no curso 2020-2021 que cumpra algunha das seguintes condicións:
•Que pertenza a unha familia cunha renda per cápita igual ou inferior a 6.000 €.
•Alumnado matriculado en educación especial
•Alumnado suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia.
•Alumnado cun grao de discapacidade igual ou superior ao 65%.
Compartimos archivos coa orde e ANEXOS que se deberían cubrir para a súa solicitude en caso de non ter sido beneficiario da axuda do material, sempre e cando se cumpra algunha das condicións que se indican.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
Orde 6 de novembro 2020.pdf | 608.65 KB |
ANEXO I E II_ED330E_G_Alternativa.pdf | 136.44 KB |