SECRETARÍA
REUNIÓN ALUMNADO 4ºE.I. CURSO 2021/22
Enviado por m.jesusarodriguez o Ven, 06/18/2021 - 12:51REUNIÓN ALUMNADO DE NOVO INGRESO MATRICULADO PARA 4º ED. INFANTIL
Convócase a unha reunión coa titora ás familias do alumnado que se vai a incorporar ao centro en 4º de Educación Infantil para o vindeiro curso escolar (2021/22):
DÍA: 24 DE XUÑO (XOVES)
HORA: 10H.
Non se poderán traer os nen@s e só poderá acudir un proxenitor.
Rogamos aproveiten ese día para traer a formalización de matrícula e a documentación que falta. Está todo detallado no seguinte aviso.
LISTAXE DE ADMITIDOS CURSO 2020/21
Enviado por m.jesusarodriguez o Mér, 05/27/2020 - 01:00O SEGUINTE ALUMNADO FOI ADMITIDO NO CENTRO PARA O VINDEIRO CURSO ESCOLAR 2020/2021
4º EDUCACIÓN INFANTIL
NOTAS:
*O alumnado admitido deberá formalizar a súa matrícula do 1 ao 10 de xullo.
E tamén cubrir e entregar o a documentación que falta (solicitudes de transporte e comedor, autorización de uso de imaxe, fotografías...)
Encárgase o centro de convocalos telefonicamente a unha reunión por esas datas.
*Se finalizado este prazo non se presenta o papel de formalización enténdese que se renuncia á praza.
DEVOLUCIÓN DE LIBROS - TRANSPORTE E COMEDOR VINDEIRO CURSO
Enviado por m.jesusarodriguez o Mér, 05/20/2020 - 15:12DEVOLUCIÓN DE LIBROS DE TEXTO, PORTÁTILES, TABLETS E ROUTERS
*A DEVOLUCIÓN DOS LIBROS DE TEXTO do fondo solidario non se fará mentras non remate o curso.
Igualmente a DEVOLUCIÓN DE TABLETS, PORTÁTILES E ROUTERS.
Xa comunicaremos as datas para facelo dun xeito ordeado evitando as aglomeracións.
SOLICITUDES DE TRANSPORTE E COMEDOR CURSO 2020/21
*En relación co TRANSPORTE e COMEDOR aínda non saíron instruccións.
Xa informaremos das datas para que poidades presentar as solicitudes.
MATRÍCULA 2020/2021 - PETICIÓN DE CITA PREVIA
Enviado por m.jesusarodriguez o Ven, 05/08/2020 - 12:08MATRÍCULA CURSO 2020/2021 – PETICIÓN DE CITA PREVIA
Tendo en conta as “recomendacións sanitarias a establecer nos centros educativos para a atención ao público” publicadas no DOG do día 6 de maio e para poder aplicar as medidas de protección informamos que:
*Deberán solicitar cita previa para atendelos de forma presencial no centro educativo (especialmente para a entrega da documentación relacionada co proceso de matrícula )
*Teléfonos do centro: 886110483 – 886110484
REAPERTURA DO PROCESO DE MATRICULACIÓN PARA O CURSO 2020/2021
Enviado por m.jesusarodriguez o Mér, 05/06/2020 - 13:50Informamos sobre os novos prazos relacionados co proceso de admisión de alumnado do 2º ciclo de educación infantil, educación primaria, educación secundaria obrigatoria e bacharelato en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso académico 2020/21, publicados no DOG de hoxe.
NOTAS ACLARATORIAS:
-As solicitudes de admisión son só para alumnado de novo ingreso.
-O alumnado de 6º de Educación Primaria que fixo a Reserva de praza no IES Pino Manso non ten que presentar nada polo momento. Informaráselle da data concreta para a presentación da matrícula no instituto cando no la confirmen.
*Prazo de presentación de solicitudes de admisión.
Dende o día 11 de maio de 2020 ata o día 18 do mesmo mes.
*Outros prazos do procedemento.
● Presentación da documentación acreditativa dos criterios de baremo: ata o día 26 de maio de 2020.
● Publicación das listaxes provisionais do alumnado admitido e non admitido: antes do 9 de xuño de 2020.
● Poderanse formular reclamacións contra as listaxes provisionais no prazo de 3 días hábiles contados desde o seguinte ao da súa publicación.
● Publicación das listaxes definitivas do alumnado admitido e non admitido: ata o 26 de xuño de 2020.
● Formalización da matrícula en educación infantil e primaria: do 1 ao 10 xullo de 2020.
● Formalización da matrícula ordinaria en educación secundaria obrigatoria e bacharelato: do 1 ao 10 xullo. Prazo extraordinario: do 1 ao 10 de setembro de 2020.
RECORDAMOS QUE:
*Poderán descargar os impresos na seguinte aplicación www.edu.xunta.es/admisionalumnado ou solicitalos na secretaría do colexio.
*Unha vez cumprimentados deberán entregalos na secretaría do centro acompañados da seguinte documentación:
- Fotocopia do libro de familia (todas as follas que estean cubertas).
- Certificado do colexio de procedencia no que conste o nivel cursado durante o curso 2019-2020 (só alumnado procedente doutro centro).
- Certificado de empadronamento onde figuren todas as persoas que convivan no domicilio familiar.
- Convenio regulador ou Resolución xudicial en caso de separación ou divorcio.
- Copia do DNI do solicitante e membros computables da unidade familiar cando se opoñan á consulta automática dos datos.
* Tamén poden facelo cumprimentando e presentando a solicitude de forma electrónica, na mesma aplicación www.edu.xunta.es/admisionalumnado acompañada de copias en soporte electrónico da documentación.
LIBROS DE TEXTO PARA O CURSO 2017/2018
Enviado por m.jesusarodriguez o Mar, 07/04/2017 - 14:31Pinche no documento adxunto para visualizar a lista de libros de texto para o vindeiro curso escolar (2017/2018)
SOLICITUDE DE ADMISIÓN CURSO 2014/2015
Enviado por Anónimo o Mér, 02/26/2014 - 12:00
MATRICULACIÓN ESCOLAR CURSO 2014/2015
Comunicamos que do día 1 ao 20 de marzo de 2014 (ambos incluídos) estará aberto o prazo de presentación de solicitudes de admisión para o vindeiro curso escolar 2014/15.
Poderán descargar os impresos de solicitude nesta páxina (Anexo) ou recollelos no colexio no seguinte horario:
-De 09:30h. a 10:00h.
-De 10:50h. a 11:40h.