Letras Galegas

Este é o Kahoot das letras galegas 2023... pincha na foto e... a Xogar...

 

Entroido en Atios 2023

INFORMACIÓN RELACIONADA CO PROCESO DE ADMISIÓN

NORMATIVA REGULADORA:

*Decreto 13/2022 do 3 de febreiro de 2022 (DOG do 11 de febreiro) polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de 2º Ciclo de EI, EP, ESO e Bacharelato.

 

*Orde do 21 de outubro de 2022 (DOG do 8 de novembro) pola que se desenvolve o Decreto anterior.

 

VACANTES OFERTADAS PARA O CURSO 2023/2024:

CURSO

GRUPOS PROPOSTOS 2021/22

VACANTES OFERTADAS

4º EI

1

22+3NEAE

5º EI

1

9

6º EI

1

6

1º EP

1

11

1

0

1

3

1

2

1

3

1

2

ÁREA DE INFLUENCIA DO COLEXIO

-Parroquia de Atios

-Rúa Domingo Bueno dende o nº 62 e o parque infantil ata o final

-Rúa San Sebastián dende o nº 50 e 59 ata o final

-Rúa Manuel Rodríguez dende o nº 84 e 65 ata o final

-Rúa Leandro Diz dende o nº 6 e 13 ata o final

-Rúa Carrola completa

 

INFORMACIÓN RELACIONADA CO TRANSPORTE ESCOLAR:

1- Será usuario lexítimo o alumnado cuxo domicilio estea a unha distancia do colexio superior a 2 km.

2- O alumnado cuxo domicilio estea a unha distancia do colexio entre 2 e 1 km. poderá facer uso deste servizo sempre e cando queden prazas vacantes no autobús concreto.

3- Non ten dereito ao uso deste servizo o alumnado cuxo domicilio non corresponda á área de influencia do colexio. Poderase autorizar dun xeito excepcional se quedan prazas vacantes no autobús concreto.

As autorizacións concedidas nos puntos 2 e 3 serán unicamente para o curso 2023/2024 e perderán dita praza si se precisa para un alumno/a con dereito preferente á mesma.

 

INFORMACIÓN RELACIONADA CO COMEDOR ESCOLAR:

*O alumnado de novo ingreso que sexa de fóra da zona de influencia do centro non ten dereito ao uso do comedor escolar. Poderase autorizar o seu uso se hai prazas dispoñibles, pero terase que aboar a cantidade correspondente por día de servizo (a día de hoxe 4,50€).

Esta praza pode perderse si se precisa para un alumno/a con dereito preferente á mesma.

DIA DA PAZ NO COLE DE ATIOS

CALENDARIO ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR

NO ADXUNTO PODEDES VER AS DATAS DO PROCESO DE ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR, O CENSO ELECTORAL DO SECTOR PAIS/NAIS, as DIFERENTES CANDIDATURAS e a RESOLUCIÓN do 19 de setembro de 2022, da Dirección Xeral de Ordenacióne Innovación Educativa, pola que se establece o calendario para a realizaciónde eleccións de membros dos consellos escolares de centros docentes sostidoscon fondos públicos..

 

 

 

ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR 2022

  • AVISO IMPORTANTE Á COMUNIDADE EDUCATIVA

 

  • De acordo coa RESOLUCIÓN do 19 de setembro de 2022, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se establece o calendario para a celebración de eleccións de membros dos consellos escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos.

OBXECTO E ÁMBITO DE APLICACIÓN:

  • Establecer o novo calendario para a elección dos representantes de familias e profesorado.

- CALENDARIO DE ELECCIÓNS:

  • A Xunta Electoral establecerá o calendario
  • A Xunta Electoral constituirase entre o 2 e o 8 de novembro.
  • O prazo de admisión de candidatas/os non deberá ser inferior a 7 días naturais
  • Votacións: martes 29 de novembro de 2022

 - MEMBROS A RENOVAR:

  • Familias: 2 por un periodo de 4 anos
  • Profesorado: 2 por un periodo de 4 anos

É importante que haxa membros suplentes para que (no caso de baixas) estén todos os sectores representados de acordó coa normativa.

 - SORTEO DOS MEMBROS DA XUNTA ELECTORAL:

  • O XOVES 27 DE OUTUBRO DE 2022 ÁS 12:00 HORAS NA SECRETARÍA DO CENTRO.
  • SERÁ PÚBLICO CONTANDO CUN MEMBRO DE CADA SECTOR A RENOVAR.

 

SAMAIN-HALLOWEEN

Estimadas familias. Unha vez máis chega o Samain e seguindo a tradición imos a facer no colexio unha exposición de cabazas terroríficas para o que pedimos a vosa colaboración. Todos aqueles que queirades participar podedes traer a vosa cabaza co nome e curso do alumno/a o xoves 27 de outubro (NON SE RECOLLERÁN ANTES).

Ademais participando nunha actividade organizada dende o Concello recollerán as cabazas o venres 28 ás 12:00 horas para expoñelas polas rúas de O Porriño.

Os que non queirades que as leven tedes que avisarnos con antelación e recollelas o venres á saída do colexio.

A retirada das cabazas que estén xa nas rúas non poderá realizarse ata as 23:55 h do sábado 29 de outubro.

Aqueles nenos e nenas que o desexen poderan vir disfrazados o venres 28 de outubro.

Grazas e un saúdo

O Claustro do CEIP Plurilingüe de Atios

CALENDARIO ESCOLAR 22-23

Orde de 20 de maio de 2002 CALENDARIO ESCOLAR GALICIA 2022-2023

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20220602/AnuncioG0655-240522-0...

 

O luns 26 de setembro é festivo en Porriño.

Aquí podedes ver o calendario escolar do presente curso.

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES 22-23

Aquí tedes as actividades extraescolares ofertadas no noso centro pola ANPA en coordinación con IMAXINA e O CONCELLO DO PORRIÑO.

Tedes más información e o formulario de matrícula, que podedes cubrir online, na web da nosa ANPA:

https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLScgcZ5Md-wxOMAWs0buucsUcm3lyh6_...

APUNTÁDEVOS PRONTO, COMEZAMOS EN OUTUBRO!

 

 

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES 22-23

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer