OBRADOIRO DE EDUCACIÓN EMOCIONAL E SEXUAL
Enviado por rdevesa o Lun, 02/05/2024 - 14:21ESTADES CONVIDADOS AO OBRADOIRO DE EDUCACIÓN EMOCIONAL E SEXUAL.
CAMPAMENTO CONCILIA NO ENTROIDO
Enviado por rdevesa o Lun, 02/05/2024 - 14:12
PROGRAMA DE FROITA NA ESCOLA
Enviado por rdevesa o Lun, 01/22/2024 - 15:13Programa escolar de froita na escola.
Dende o 22 de xaneiro 2024 e durante 10 días lectivos, é dicir ata o 2 de febreiro, o noso alumnafo tomará froita durante a merenda do recreo.
Esta iniciativa está financiada pola Xunta de Galicia, a través do Fogga.
Máis adiante, de febreiro a maio comezaremos co reparto do leite (20 días lectivos) e xa a finais de maio, voltaremos co reparto de froita durante outros 10 días lectivos.
XORNADA GASTRONÓMICA PARÍS
Enviado por rdevesa o Mar, 01/16/2024 - 13:36Dende a empresa de comedor comunícannos que debido ao éxito que tivo entre o noso alumnado e tendo en conta que este ano tamén se celebrarán alí os XXOO, o día 25 de xaneiro terá lugar unha nova xornada gastronómica, dedicado nesta ocasión a París. E así imos abrindo boca tamén para os novos Proxectos Erasmus que comezan este 2024.
MENÚ DO COMEDOR ESCOLAR DE XANEIRO
Enviado por rdevesa o Ven, 01/05/2024 - 14:01Benvidos! Aquí temos xa o 1º menú deste 2024!
Podedes descargalo clicando no adxunto.
Recollida de xoguetes polo Nadal para nenos e nenas hospitalizados
Enviado por rdevesa o Lun, 12/04/2023 - 11:41Recollida de xoguetes polo Nadal
Mér, 29/11/2023 - 17:21 — admin
Este ano, en colaboración con "Amigos moter@s", levaremos a cabo unha recollida solidaria de xoguetes.
A característica principal é que teñen que ser xoguetes novos, sin estrenar, dado que os beneficiarios/as serán os nenos/as hospitalizados no Complexo Hospitalario Álvaro Cunqueiro de Vigo, e así evítase a contaminación externa. Serven todo tipo de xoguetes, ceras e cores, libros de pintar, contos,...
Respecto aos peluches, servirían de segunda man, xa que son "doados de desinfectar", segundo nos comentaron.
A entrega dos xoguetes realizarase o sábado 16 de decembro, coincidindo coa xa tradicional "Papanoelada motera" na cidade de Vigo.
Podedes ler un artigo de prensa recentemente publicado sobre esta iniciativa:
Recollida solidaria- A HORA E DAR
Enviado por rdevesa o Xov, 11/30/2023 - 18:33Estimadas familias:
Dende o Concello do Porriño, e tal e como acordaron os nenos e nenas no pleno do consello municipal de infancia celebrado o pasado 20 de novembro, con motivo da conmemoración do día dos dereitos da infancia, voltaremos a organizar unha iniciativa solidaria consistente nunha recollida específica de alimentos, leite e produtos de hixiene para bebés, que logo serán distribuídos entre familias con menos recursos do concello.
Todo o recollido será distribuído a través do SOS Porriño e Servizos de Asuntos Sociais do Concello entre as familias que o necesiten no Porriño e nas súas parroquias.
Esta iniciativa, para a que nos gustaría contar coa vosa colaboración, comezará o próximo 1 de decembro e rematará o 19 de decembro, e realizarase fundamentalmente en colaboración cos centros escolares, nos que se instalarán puntos de recollida.
Agradecemos que nos axudedes a darlle a máxima difusión a esta iniciativa, animando a participar a toda a comunidade educativa, recomendándolle que deixen sobre todo Cueiros, Cremas, Toalliñas, Purés, Leites e Alimentos infantís de todo tipo no punto de recollida que se instalará no voso centro.
Por todo elo MOITAS GRAZAS
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »