ANA BARGIELA (5º) MARABILLOU EN SALCEDA DE CASELAS

A nosa alumna Ana Fernández Bargiela de 5º curso, participou na V Xornada da Camelia en Salceda de Caselas, onde leu un poema da súa autoría adicado á camelia, conseguindo marabillar ao público asistente.

A súa primeira estrofa versaba así:

Camelia, flor de Galicia é,

apreciada, visitada e tamén coleccionada.

Fermosas son as túas flores,

coas súas diferentes cores.

 

 

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer